A Capela (Coruña). 9.1.2010. Baixo o lema de O Eume: Medio século desecado, convocados po-la asociación : "AEMS Ríos con Vida" e coa colaboración e participación de diversos colectivos de pescadores, ecoloxistas (ADEGA, con membros da Coruña, Mugardos, Ferrol e Cabanas,..) etc, un nutrido grupo de persoas concentrámonos xunto ó encoro da Capela, situado á beira do río Eume, para denunciar que as compañías eléctricas que explotan os ríos na comunidade "incumpren" a Lei de Pesca e tamén para protestar contra a "ilegalidade dos encoros galegos". Foi presentada denuncia hai un ano a Endesa por manter secos 3,4 quilómetros do río Eume , entre o muro da presa da Capela e a central eléctrica onde se turbinan as augas, o que, pode ser constitutivo de "delito contra os recursos natruais e o medio". Por outra banda "ningún encoro galego cumpre a lei de pesca" nin "ten os caudais ecolóxicos" ós que obriga a normativa vixente "desde hai xa 25 anos outros.
Información adicional: http://riosconvida.es/riosconvida.htm e http://pescarmona.blogspot.com/2011/01/y-los-culpables-continuan-libres-de.html |
|
Domingo 19 de decembro 2010. Mercadiño de Troco en Ferrol. Celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 11-14 hs. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos, para troco ou cesión. Colaboran diversos colectivos (ADEGA, Verdegaia, Unións Libertarias, SGHN, Cooperativa Xoaninha, Asociacions Vecinais, Masa Critica etc.) e particulares. Información adicional: http://trocaferrol.org. |
Ferrol 3.12.2010. Nova concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado cara á pranta de regasificación de Mugardos. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol e membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos) estivemos presentes na manifestacion de protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. |
Ortigueira 28.11.2010. ADEGA exixe a Portos de Galicia a paralización inmediata das obras do porto deportivo. Dende ADEGA denunciamos diante do SEPRONA e á opinión pública que as obras de remodelación das instalacións náutico-deportivas de Ortigueira, consistentes en transvasamento de lamas dunha zona a outra da ría e o recheo da dársena, se están a facer sen ter en conta as medidas de protección especial previstas para este ámbito. A ría de Ortigueira consta con numerosas figuras de protección: Humidal Ramsar de importancia internacional, Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Rede Natura 2000, Humidal Protexida e Zona de Especial Protección dos valores naturais. Todo este historial de medidas de protección prohibe, actuacións como a modificación do réxime hidrolóxico e composición das augas, a alteración dos seus límites e medios ecolóxicos, o recheo do humidal con calquera tipo de material, a alteración topográfica da súa zona periférica de protección e as infraestruturas, en particular as viarias, portuarias, enerxéticas e de telefonía, así como a ampliación das existentes.
|
Ler máis...
|
Ferrol 19-20 novembro.2010. Ferrol. Centro Cultural Carballo Calero. ADEGA-Ferrol estivo presenta tanto nas ponencias como nas colaboracións dos Foros de Paricipación Cidadá no Concello de Ferrol. No Foro referente a Medioambiente estivo como relator Suso Oca, vogal de ADEGA e tamén estiveron membros de ADEGA nunha nutrida proporción dos foros participativos de Medioambiente e e Aforro Enerxético. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|
Páxina 26 de 35 |