Concentración-protesta pola desecación do río Eume nas inmediacións do encoro da Capela |
A Capela (Coruña). 9.1.2010. Baixo o lema de O Eume: Medio século desecado, convocados po-la asociación : "AEMS Ríos con Vida" e coa colaboración e participación de diversos colectivos de pescadores, ecoloxistas (ADEGA, con membros da Coruña, Mugardos, Ferrol e Cabanas,..) etc, un nutrido grupo de persoas concentrámonos xunto ó encoro da Capela, situado á beira do río Eume, para denunciar que as compañías eléctricas que explotan os ríos na comunidade "incumpren" a Lei de Pesca e tamén para protestar contra a "ilegalidade dos encoros galegos". Foi presentada denuncia hai un ano a Endesa por manter secos 3,4 quilómetros do río Eume , entre o muro da presa da Capela e a central eléctrica onde se turbinan as augas, o que, pode ser constitutivo de "delito contra os recursos natruais e o medio". Por outra banda "ningún encoro galego cumpre a lei de pesca" nin "ten os caudais ecolóxicos" ós que obriga a normativa vixente "desde hai xa 25 anos outros. Información adicional: http://riosconvida.es/riosconvida.htm e http://pescarmona.blogspot.com/2011/01/y-los-culpables-continuan-libres-de.html |