Adega presentou alegacions ao anteproxecto do PXOM de Fene |
Fene, 20.1.2011. ADEGA presentou alegacions ao anteproxecto do PXOM de Fene. As propostas básicas de ADEGA ao anteproxecto do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fene son (ver arquivo adxunto): -Protección do solo rústico adxacente aos cursos fluviais dos ríos principais ( Belelle, Baa, Magalofes, Cádavo, Castro) e de calificación dunha zona de afección (superior á zona de policía) como Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais, de xeito que poidan soportar poboacións estables de especies animas e vexetais autóctonas.
-Protección nas zonas de interese arqueolóxico.
-Non á amplicación do polígono industrial Vilar do Colo polo seu impacto sobre o medio natural.
-Protección do Camiño Inglés e outros puntos de interese arqueolóxico.
-Soterramento de liñas de alta tensión e mellora eficiencia enerxética.
Información complementaria:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|