Ferrol 10.3.2011. Creada a Plataforma de Ferrolterra en Defensa da Auga, e po-la derrogación da "Lei 9/2010, do 4 de Novembro, de Augas de Galicia". Multitud de actividades. Entre outras, manifestación en Compostela 20.3.2011. Participación de diferentes colectivos e asociacións (..entre outras Adega,..).
Información completa: http://auga-dereito-humano.blogspot.com/
|
|
Ferrol 26.3.2011. Asemblea de ADEGA-Trasancos. Assembleia geral ordinária da delegaçom de ADEGA em Trasancos que terá lugar no Centro Cívico de Carança (Ferrol) às 17 hs do sábado 26 de março de 2011. Orde do dia: 1_Leitura e aprovaçom se proceder da acta anterior. 2_Informe de gestom. 3_Informe de finanças. 4_Linhas de actuaçom para 2011. 5_Eleiçom da Junta Directiva. 6_Vários.
Para a eleiçom da nova Junta Directiva ábrese um praço de apresentaçom de candidatturas que rematará quinta feira 24 de março às 17 hs. Poderam-se remitir Apdo. 481 de Ferrrol ou via correio electrónico aos endereços
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
e/ou
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Ernesto Lopes Dias, secretário de ADEGA-Trasancos
Notas-1- Se alguen chegase tarde e estivese pechada a porta principal: Timbrar no timbre da porta adxacente ou ben dar unha chamada perdida ao tlf de AVV: 981325852, ou a Nés(649779774), Antonio(636717959) ou Suso (639288263). Á asemblea sería no 2º andar, ou se houber moita xente, no Salón de Actos.
2- Haberá empanada , bebida e pinchos de confraternización ao final da asamblea.Para estimar ó que precisaremos, por favor confirmades, se poidedes á vosa asistencia á asamblea ou aos petiscos. |
25 de febreiro de 2011. Os colectivos ecoloxistas ADEGA, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia amosamos o noso rexeitamento á candidatura da antiga mina de As Pontes ao Premio Europeo de Excelencia Turística 2011. Consideramos que, lonxe de ser unha proposta medioambientalmente sostible, a suposta rexeneración non é mais que un lavado de imaxe ante as críticas fundadas dos colectivos ecoloxistas e entidades sociais diversas. Este proxecto de enchido que aínda non finalizou entraña serios riscos medioambientais e comprometerá nun futuro á administración pública debendo facer fronte ao seu mantemento. Tanto a Xunta de Galicia como o Concello de As Pontes deberían adicar os seus esforzos a garantir que ENDESA cumpra coa legalidade e non respaldar intereses meramente especulativos.
|
Ler máis...
|
Ferrol 21.2.2011. 19 hs . Xunto ao edificio da Xunta de Galicia. Nova concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado cara á pranta de regasificación de Mugardos. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol, membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos) e cidadanía en xeral, estamos convocados a unha nova concentración-protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. |
Ferrol 10.2.2011. Problemática da mina de Andalucita de Pico Vello (As Pontes) na TVE e Presentación Curtametraxe - Documental: MINAR (Sobre o proxecto da Mina de Andalucita en As Pontes). Mesa-redonda coloquio. 19,30 hs. Capela do Centro Cultural Torrente Ballester. Presentación: Begoña Maira Benitez (Realizadora) Charla-Debate coa intervención de:Manuel A.Rodriguez Carballeira "Lalán" (A.C.Fuco Buxán), Begoña Filgueira (ACSUR),Mónica Arto Blanco (Verdegaia), Antón Marcal Carracedo (AMAL) e representación de ADEGA
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|
Páxina 24 de 35 |