Adega
INICIO Novas ADEGA denuncia as obras na zona LIC do porto de Ortigueira

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

ADEGA denuncia as obras na zona LIC do porto de Ortigueira PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia as obras na zona LIC do porto de Ortigueira a FaceBookEnvia ADEGA denuncia as obras na zona LIC do porto de Ortigueira a Twitter

Porto_Ortigueira.2010Ortigueira 28.11.2010. ADEGA exixe a Portos de Galicia  a paralización inmediata das obras do porto deportivo. Dende ADEGA denunciamos diante do SEPRONA e á opinión pública que as obras de remodelación das instalacións náutico-deportivas de Ortigueira, consistentes en transvasamento de lamas dunha zona a outra da ría e o recheo da dársena, se están a facer sen ter en conta as medidas de protección especial previstas para este ámbito. A ría de Ortigueira consta con numerosas figuras de protección: Humidal Ramsar de importancia internacional, Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Rede Natura 2000, Humidal Protexida e Zona de Especial Protección dos valores naturais. Todo este historial de medidas de protección prohibe, actuacións como a modificación do réxime hidrolóxico e composición das augas, a alteración dos seus límites e medios ecolóxicos, o recheo do humidal con calquera tipo de material, a alteración topográfica da súa zona periférica de protección e as infraestruturas, en particular as viarias, portuarias, enerxéticas e de telefonía, así como a ampliación das existentes.

A maiores das prohibicións sinaladas a lei tamén esixe que calquera intervención en zonas como a referida se sometan a unha avaliación de impacto ambiental. Ademáis o porto deportivo se construíu ocupando integramente terreos do espazo protexido sen avaliación ambiental de ningún tipo e, agora, a pesar de todas as prohibicións e cautelas que esixe a lei, estas obras de ampliación do peirao veñen aumentar aínda máis esta ocupación ilegal do LIC.

Nota. En información ulterior, Portos de Galicia comunicou aos medios que todo-los permisos pertinentes estaban en regla e que ofreciase para calquer aclaración con nós.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA