22.1.2011. Rois (A Coruña). Protestas po-lo campionato galego de “Caza do Raposo”. Membros de Equanimal , Matar por Matar, NON , Asociación COMETA, Protectora Moura, ADEGA, outros colectivos e persoas a título individual, tivemos unha acción de protesta po-lo campionato de caza de raposo celebrado en Rois. Fíxose unha acción diante do concello e tamén accións directas no monte na zona de caza diante dos cazadores e da garda civil. Ao parecer este ano conquerimos que o número de raposos cazados fose de cero. ¡Parabéns!
|