Ferrol, 29 de Maio de 2011. A delegación de Ferrol organiza unha visita guiada á Estación de Bioloxía Mariña da Graña.
O roteiro comezará as 10h no Peirao de Curuxeiras (onde atraca a Lancha de Mugardos) e fará un percorrido ata a Estación de Bioloxía Mariña da Graña, pasando polos lugares da Graña, A Cabana e A Graña.
O obxectivo deste roteiro é chamar a atención sobre a problemática ambiental que existe no entorno da Malata-A Cabana-A Graña. Son moitas as agruesións que teñen sufrido estes barrios ferrolanos: o peirao carboeiro, as canalizacións da RSU, e a inminente construcción do acceso ferroviario ao porto exterior son algúns deles. ADEGA prentende con este acto amosarlle á cidadanía a gran degradación á que está sometido esta zona de grande valor ecolóxico.
O roteiro remata cunha visita á Estación de Bioloxía Mariña da Graña, un centro de investigación dependente da universidade de Santiago de Compostela, adicado á investigación dos fondos da Ría de Ferrol. Este centro ten sido nos últimos anos un dos máis destacados na investigación mariña tanto dos fondos litorais como dos abisais.
Trptico_EBMG-USC.pdf
http://www.ferrol.es/90-50axenda_ampliar.aspx?id=26 |
|
Ferrol 7.5.2011. Praza do Inferniño(Ferrol) as 11 hs . Marcha ciclista "Masa Crítica" Promovida e apoiada por diversos colectivos (Bicilab, Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, Xoaninha, etc). |
Ferrol 6.5.2011. Praza de Amboaxe. 20 hs . Nova concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado (nesta ocasión o “LNG Finima”) cara á pranta de regasificación de Mugardos. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol, membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos) e cidadanía en xeral, estamos convocados a unha nova concentración-protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. Actualmente as concentracións estanse a facer de modo itinerante en diversos puntos da comarca, nesta ocasión na Praza de Amboaxe en Ferrol. |
Valdoviño (Ferrolterra). 25.4.2011. ADEGA na comarca de Ferrolterra, remitiu nova de prensa aos medios denunciando, o estado de abandono do humidal da Frouxeira (Valdoviño) desde o baleirado realizado na lagoa en decembro do 2009 pola Consellería do Medio Rural e que a deixou nun moi mal estado de conservación. Esta lagoa mantivo nos últimos 16 meses unha dinámica de claro desequilibrio ecolóxico, sen apenas auga e sufrindo as dunas que a separan do mar unha forte erosión e a consecuente destrucción. Lagoa_Valdovio_Frouxeira._Nota_prensa.abril.2011.doc bytes |
12.4.2011 . ADEGA Ferrol amplía á súa solicitude á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo cara á protección do espazo natural de San Pedro de Leixa ameazado polo proxecto dun polígono industrial.
ADEGA na comarca de Ferrol remitiu á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ampliación da petición previa na que insta á protección do espazo natural de San Pedro de Leixa, que considera veriase gravemente afectado polo proxecto de polígono industrial que está previsto desenvolver nesta zona, e máxime cando a propia administración determina que non hai demanda de chan industrial e hai chan baleiro nos polígonos adxacentes.
Dende ADEGA apuntamos que esta paraxe é un dos mellores conservados do interior do municipio ferrolano e que, de levarse a cabo a anunciada iniciativa, provocaría importantes danos na fauna da zona. Entre ela atópanse máis de corenta especies de mamíferos, reptiles, aves, peixes e anfibios que, quedarían englobados dentro das directivas comunitarias Hábitats e Aves, etiquetadas como de interese especial ou vulnerables. As obras traerían consigo tamén, engade a asociación, severos problemas para os bosques de ribeira da zona, a Fraga dá Pega, a comunidade de Ripsilvas, etc. O sistema fluvial veríase así mesmo afectado -en concreto os regatos de Leixa e Fonteiroa-. CARTA_COMISION_EUROPEA. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|
Páxina 21 de 35 |