Ferrol 11.11.2010. O programa de ADEGA na radio, "O Souto", en Radio Filispim, e levado por Nés Lópes, xa está dispoñible na rede: http://osoutodeadega.blogspot.com/ e con enlaces a programas previos emitidos. Estades todos/as convidados a participar. |
|
As Pontes. 18.11.2010. Palestra sobre "Aspectos socio-económicos da minaría". 20 hs. Casa do Peso. As Pontes.
Relatores:
-Prof Xoán Ramon Doldán (Profesor de Economia Aplicada. Univ.Santiago)
-Orlando Alvarez , da Asociación SOSCourel.
-Modera: Nés Lópes. Secretario de ADEGA-Ferrol (*),
(*)(en representación dos colectivos a prol da defensa de zona de Pico Vello ameazada po-lo proxecto de explotar unha mina de andalucita : Asociacion para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociaçom de Montanha Augas Limpas (AMAL), Club Montaña Ferrol, Colectivo Artabra21,Colectivo Fusquenlla, Comité pola Defensa das Rias Altas, Coordenada0º0'00'', Drosera, Federacion Ecoloxista Galega, Guerrilleiros das Fragas, Verdegaia,Grupo Naturalista Hábitat, Lápis Verdes, Néboa Médio Ambiente, O Rabo doGalo, Saramaganta, Sociedade Galega de História Natural (SGHN).
|
Ler máis...
|
Ferrol 10.11.2010. ADEGA na súa delegación de Ferrol denunciamos a tala masiva de árbores na zona de Forgoselo, incluído na Rede Natura 2000, así como a colocación de valados de arames, polo impacto das devanditas tallas sobre a zona boscosa e polo impacto nunha zona de alta riqueza micolóxicaica. A devandita tala masiva "xustifícase" teoricamente polo "plan de xestión e explotación" da zona, pero as actuacións semellan altamente desproporcionadas. |
As Pontes 30.10.2010. Paralización cautelar na Mina de Pico Vello na súa Declaración Impacto Ambiental. Novo éxito ecoloxista. Tra-las denuncias diante da Fiscalía de Medioambiente por diferentes colectivos ecoloxistas (ADEGA, SGHN, Verdegaia, Fusquenlla, Artabra 21, Greenpeace,etc…) nas que puxemos de manifesto que as valoracións de impacto ambiental da mina de Andalucita en Pico Vello de As pontes, foron realizadas unicamente sobre a cunca fluvial do río Eume, excluíndo a cunca do río Belelle, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental está evaluar e posible modifica-la DIA do proxecto da mina de Andalucita en As Pontes . Informe CALIDADE AMBIENTAL (345 Kb) |
Ferrol 2-20 novembro.2010. “A viaxe polar” chega a Ferrol. Campaña concienciación contra o cambio climático
-Martes 2.11: concerto-charla . Teatro Jofre. 20 hs
-Mercores 3.11; 11.30 hs: Inauguración exposición. Praza España. Ferrol. Exposición aberta dende o dia 3 ao 20 novembro
-Sábado 6.11. 18 hs. Caixa Galicia: Mesa redonda-coloquio-proxección
-Domingo: Gymkana infantil po-las rúas de Ferrol
-Exposición permanente 3-20 novembro: Praza de España
Información completa:www.elviajepolar.com e
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|
Páxina 27 de 35 |