Adega
INICIO Novas ADEGA e MariñaPatrimonio conseguen que Cultura non autorice eucaliptais enriba dun castro focense
ADEGA e MariñaPatrimonio conseguen que Cultura non autorice eucaliptais enriba dun castro focense PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e MariñaPatrimonio conseguen que Cultura non autorice eucaliptais enriba dun castro focense a FaceBookEnvia ADEGA e MariñaPatrimonio conseguen que Cultura non autorice eucaliptais enriba dun castro focense a Twitter

engrobiasA Mariña, 9 de xaneiro de 2013. O Servizo de Patrimonio da Consellaría de Cultura vén de informar a ADEGA e a MariñaPatrimonio das accións levadas a cabo en relación coa denuncia presentada por ambas asociacións no mes de outubro sobre danos no castro das Engrobias, no concello de Foz. Estas denuncias foron efectuadas ao comprobar que se tiña talado o monte de eucalipto e que a posterior repoboación destruiría o xacemento protexido pola lei. O Servizo de Patrimonio confírmanos que os cortes eran ilegais, por non contaren coa preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e comunícanos que esta resolve non autorizar novas plantacións de eucalipto nas parcelas que ocupan o xacemento. Dende ADEGA preguntámonos que sería deste patrimonio sen a intervención das persoas e colectivos comprometidos coa súa conservación. Para que está entón a Xunta, para tramitar expedientes?

tala engrobiasEstas resolucións, sen dúbida, constitúen unha boa noticia ao garantir que a industria do eucalipto non destrúa este ben patrimonial. A industria madereira é na actualidade o maior inimigo do noso patrimonio arqueolóxico sendo responsables de decenas de agresións a diferentes tipos de xacementos. A inmensa maioría destas agresións non se chegan a denunciar nin mesmo a coñecer porque é moi difícil saber o que sucede no monte.

ADEGA e MariñaPatrimonio agradecen aos veciños de Foz que controlaron e avisaron sobre o que estaba sucedendo no castro das Engrobias evitando así a destrución dunha das xoias coas que conta a parroquia de San Martiño de Mondoñedo.

Recoñocemos tamén o interese e o labor realizado polo alcalde de Foz que contribuirá, sen dúbida, a preservar este importante castro.

Ligazóns fotos: https://picasaweb.google.com/101936272298621785797/CastrosEngrobiasSanMartinoFozLugo

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA