![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Avanza o proxecto de Custodia Fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() Realizáronse diferentes actuacións ao longo do tempo nas que hai que destacar as inspeccións de río, as xuntanzas, charlas, encontros de voluntariado e tamén as limpezas de ríos realizadas por diferentes entidades de 8 destes 10 concellos. Foron moitas as persoas interesadas que participaron nesta primeira fase, e son eles os promotores de iniciativas de custodia fluvial que están a xurdir agora. A custodia fluvial é unha ferramenta que permite velar pola conservación dos valores dos ríos. Este tipo de actuación fai partícipe a poboación local, sendo esta a protagonista da propia acción, alén de posibilitar a implicación e identificación co proxecto e empoderando as persoas e entidades participantes. De todos os proxectos presentados, escolléronse tres (un por bacía) que se desenvolverán neste ano en diferentes ríos e regatos dos concellos de A Estrada, Cuntis e Forcarei.
Outro dos proxectos desenvolverase no concello de Forcarei, promovido por CMVMC de Presqueiras en colaboración coa sociedade de Caza e Pesca de Forcarei, contando co apoio de varias asociacións como Asociación Cultural Pataqueiros de Millerada ou a Asociación de Moz@s de Forcarei. As accións a desenvolver neste concello se consolidan baixo o nome “Pesca sostible na bacía do Lérez”. Desta volta, e según a proposta dos pescadores tentarase consolidar un treito de pesca sen morte no río Lérez. Ademáis pretendese recuperar varias levadas de antigos muíños que alén de ser patrimonio paisaxístico e etnográfico, servirán como hábitat para especies piscícolas de gran valor ecolóxico neste río que forma parte da RN 2000.
A custodia fluvial baséase nas propostas da poboación para a conservación do medio natural. Deste xeito foron as asociacións citadas as que propuxeron estes proxectos tan interesantes que axudarán a un mellor coñecemento e conservación dos sistemas fluviais destes concellos. Algúns dos proxectos se desenvolverán en Rede Natura polo que se poñerá tamén en valor o uso e aproveitamento dos recursos protexidos. |