Adega
INICIO Novas

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Novas de ADEGA-Ferrolterra


Xornada de limpeza do litoral en Ponzos (Ferrol) . PDF Imprimir Correo-e
Envia Xornada de limpeza do litoral en Ponzos (Ferrol) . a FaceBookEnvia Xornada de limpeza do litoral en Ponzos (Ferrol) . a Twitter

Limpeza_Ponzos.2010Ferrol 12  xuño 2010.  Praia de Ponzos(Ferrol). Organizado po-lo Club de Surf ABST Cobas , Concello de Ferrol, AA. VV. Santa Comba e coa colaboración da cidadanía en xeral e outros colectivos (entre outros ADEGA). Na mañán do 12 fíxose a actividade de limpeza da praia de Ponzos en Ferrol con importante participación de xente, coa presenza do Concelleiro de Medioambiente de Ferrol, con xente que xa colaborou nas limpezas do Prestige nesta zona e cun importante éxito no referente á participación e á cantidade de lixo retirado.  Informacion adicional:  http://abstcobas.blogspot.com/

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Festival musical "Tod@s paramos o Galicia Spirit" en solidariedade cos mariscadores procesados PDF Imprimir Correo-e
Envia Festival musical "Tod@s paramos o Galicia Spirit" en solidariedade cos mariscadores procesados a FaceBookEnvia Festival musical "Tod@s paramos o Galicia Spirit" en solidariedade cos mariscadores procesados a Twitter

Festival_Contra_Pranta_de_gas.xuo.2010Ferrol, 4 de xuño de 2010. Festival musical: “TOD@S PARAMOS O GALICIA SPIRIT Ás 18 h na Praza Vella de Ferrol, organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (CCE) e os colectivos que o apoiamos e integramos (entre eles ADEGA). Trátase de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente e amosar a nosa solidariedade cos 60 mariscadores procesados por deter no 2007, en defensa das nosas vidas e da nosa Ría, o gaseiro “Galicia Spirit” destinado a REGANOSA. Previamente, este pasado día 1, membros de ADEGA e do CCE autoinculpámonos diante da Fiscalía polos delictos polos que foron proccesados os 60 mariscadores da confraría de Ferrol.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Semana do Medioambiente. Xornadas de Medio Acuatico organizadas pola SGHN PDF Imprimir Correo-e
Envia Semana do Medioambiente. Xornadas de Medio Acuatico organizadas pola SGHN a FaceBookEnvia Semana do Medioambiente. Xornadas de Medio Acuatico organizadas pola SGHN a Twitter

Xornadas_medio_acu_tico_SGHN.FerrolFerrol 31 maio a 4 xuño 2010. Semana do Medioambiente. Xornadas sobre Medio Acuático organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural. Estase a celebrar no Ateneo de Ferrol e organizada po-los nosos compañeiros das SGHN. Entrada de balde.

- 31/05/2010:MARISQUEO E PESCA, A CONTAMINACIÓN MARIÑA”C. Brezmes e S. Táboas
- 1/06/2010:“BIODIVERSIDADE E POTENCIALIDADE MARISQUEIRA DA RÍA DE FERROL” V. Urgorri e JL Ferreiro
-2/06/2010:“A CONSERVACIÓN DOS RÍOS: AMEAZAS Á SUA BIODIVERSIDADE” F.Cobo
-3/06/2010:“PRAIAS, SISTEMAS DUNARES E LAGOAS COSTEIRAS” X.Prieto e X. R.Silvar
-4/06/2010:“BIOLOXÍA EVOLUTIVA DOS CETÁCEOS, RECUPERACIÓN DE LOBOS MARIÑOS E TARTARUGAS” J.I.Díaz da Silva e I. Miján
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Autoinculpación diante da Fiscalía polo bloqueo de entrada "ilegal" de gaseiros na Ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Envia Autoinculpación diante da Fiscalía polo bloqueo de entrada "ilegal" de gaseiros na Ría de Ferrol a FaceBookEnvia Autoinculpación diante da Fiscalía polo bloqueo de entrada "ilegal" de gaseiros na Ría de Ferrol a Twitter

Autoinculpacin_Pranta_de_Gas.2010Ferrol, 1 de xuño 2010. Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, da Asemblea Cidadá e dos colectivos que o compoñen, entre outros ADEGA, acudimos aos xulgados de Ferrol para presentar un escrito de autoinculpación dirixido á Fiscalia, diante do proceso aberto contra 60 mariscadores da Confraria de Ferrol polo feitos acaecidos en maio de 2007, cando foi impedida a entrada na nosa Ría do buque gaseiro "Galicia Spirit" cargado con GNL para subministro da planta de REGANOSA. Unha acción decidida polo CCE e na que participaron representantes dos diferentes colectivos que forman parte do CCE e da Asemblea Cidadá. Os asinantes do documento estivemos acompañados por unha representación dos mariscadores da Confraría de Ferrol imputados polos feitos. Lembrouse que a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría, a pesares das sentenzas de ilegalidade dictaminadas polo TSXG, constitúe a raíz do problema.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Éxito do roteiro reivindicativo en Pico Vello na defensa da zona fronte á ameaza do proxecto de mina PDF Imprimir Correo-e
Envia Éxito do roteiro reivindicativo en Pico Vello na defensa da zona fronte á ameaza do proxecto de mina a FaceBookEnvia Éxito do roteiro reivindicativo en Pico Vello na defensa da zona fronte á ameaza do proxecto de mina a Twitter
O recente roteiro en defensa do Pico Vello e contra a apertura dunha explotación a ceo aberto de andalucita ás portas do Parque Natural das Fragas do Eume celebrouse con rotundo éxito. Ducias de persoas démonos cita nunha paraxe de alto valor natural, no curso alto do Belelle, para reivindicar a conservación desta contorna, o alongamento da protección ambiental para un futuro corredor ecolóxico entre os LICs do Eume e Xubia-Castro e a retirada do proxecto da mina. Máis info e fotos en http://picovello.blogspot.com/
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Mesa Redonda "Proteccion de Pico Vello (As Pontes)" PDF Imprimir Correo-e
Envia Mesa Redonda "Proteccion de Pico Vello (As Pontes)" a FaceBookEnvia Mesa Redonda "Proteccion de Pico Vello (As Pontes)" a Twitter

fragasdoeumeA Capela (Coruña). “A Fraga de Pico Vello: Un espazo a potexer 13 de maio, ás 19 horas na Casa da Cultura do Concello de A Capela. Relatores:

-XAVIER AMIGO. Especialista en Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.

-PEDRO GALÁN. Especialista en Anfibios e réptiles da Universidade da Coruña.

-ROBERTO HERMIDA. Especialista en morcegos de Drosera.

Organizan: ADEGA, A. M. Augas Limpas, Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Comité para a Defensa das Rías Altas, Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G. N. Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Néboa Medioambiente, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia Programa_Mesa_Redonda_A_Capela.2010.doc

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 Seguinte > Final >>

Páxina 27 de 29

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA