|
Ferrol 31.7.2010. Contaminación na Praia de Cariño (Ferrol). Os veciños de Cariño (Ferrol) denunciaron, e así se corroboró po-la auditoría da empresa Applus Norcontrol, unha importante contaminación na devandita praia con placas similares a cemento, "galletas" na area,etc. Tras análises realizadas os datos apoian que a devandita contaminación está en relación co "porto exterior" de Ferrol próximo á zona, e as descargas sen protección ambiental axeitadas de clínker, outros graneles e verteduras previas de toneladas de aceite vexetal. Colectivos ecoloxistas (.Adega,...) e a propia Estación Biolóxica de A Graña apoiamos as denuncias da veciñanza e denunciamos os danos ambientais do propio "porto exterior" e o manexo inadecuado en diversas descargas (clinker, carbón, ..). Fotografía: José Pardo (La Voz de Galicia) |
|
Ferrol, 22 de xullo de 2010. ADEGA vén de apresentar alegacións ao proxecto de dragado e voadura de fondos mariños na ría de Ferrol. A zona de actuación está incluida dentro do LIC Costa Ártabra pertenecente á Rede Natura 2000, e conta con especies protexidas e unha riquísima biodiversidade nos seus fondos. O obxectivo último do proxecto é facilitar a entrada de gaseiros á planta de Mugardos, que incumpre a normativa actual de tráfico para este tipo de barcos con mercadorías perigosas. O EIA tampouco axústase ás recomendacións do CEDEX e sospeitamos que o volume das voaduras será moi superior ao recollido no proxecto.
Alegacións_VOADURA_FONDOS (286 Kb)
|
Ler máis...
|
III Marcha a pé Ferrol-Mugardos contra a planta de gas de Mugardos. Saída 23.7.2010, as 17 hs dende Caranza (Ferrol) parque Carmelo Teijeiro. Organiza Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol e os colectivos que o apoiamos e conformamos(....,Adega,...). Percorrido Ferrol-->Fene-->Mugardos. Información adicional: comitecidadan.org
|
Ferrol 24.6.2010. Praza do Inferniño as 20,15. Nova marcha ciclista "Masa Crítica" apoiada por diversos colectivos (Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, Xoaninha, etc) |
Ferrol 23.6.2010. Modificado o proxecto de actuación na praia de Doniños (Rede Natura 2000) tras alegacións de diversos colectivos (entre outros ADEGA). Tra-lo proxecto incial de facer na praia de Doniños, en zona Rede Natura, diversas actuacións, entre outras a construcción de instalacións e escola de deportes náuticos, e tras protestas e alegacións de diversos colectivos, como ADEGA, tanto Medio Ambiente como Costas pronunciaronse sobre o tema e o proxecto queda recortado e modificado, sendo mais respectuoso co entorno. |
Domingo 20 de xuño, Mercadiño de Troco en Ferrol. Celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 10:30 h-13:30 h. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos nas mesas habilitadas para troco ou cesión. Colaboran diversos colectivos (Unións Libertarias, Verdegaia, ADEGA, SGHN, Cooperativa Xoaninha,Asociacions Vecinais, Masa Critica etc.) e particulares. Información adicional: http://trocaferrol.org.
Para evitar os intermediarios (ben sexan outras persoas ou moedas) cada participante negociará coas outras o troco de obxectos, a cesión ou aquelo que considere máis axeitado. Aquelas persoas que non vaian a estar permanentemente no mercadiño poderán deixar un teléfono de contacto ou hora para que as poidan atopar. Ao remate do mercadiño cada participante deberá recoller os obxectos que non fosen trocados ou cedidos, responsabilizándose dos mesmos.
Trocaránse: -Libros -Menaxe de cociña -Artesanía -Audiovisuais -Xogos e xoguetes -Roupa -Aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 Seguinte > Final >>
|
Páxina 26 de 29 |