Adega
INICIO Novas

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Novas de ADEGA-Ferrolterra


Mercadiño do Troco. Ferrol 19.12.2010 PDF Imprimir Correo-e
Envia Mercadiño do Troco. Ferrol 19.12.2010 a FaceBookEnvia Mercadiño do Troco. Ferrol 19.12.2010 a Twitter

Mercadio_Troco_Ferrol.2010 Domingo 19 de decembro 2010. Mercadiño de Troco en Ferrol. Celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 11-14 hs. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos, para troco ou cesión. Colaboran diversos colectivos (ADEGA, Verdegaia, Unións Libertarias, SGHN, Cooperativa Xoaninha, Asociacions Vecinais, Masa Critica etc.) e particulares. Información adicional:   http://trocaferrol.org.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Nova concentración repulsa entrada "ilegal" gaseiro na ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Envia Nova concentración repulsa entrada "ilegal" gaseiro na ría de Ferrol a FaceBookEnvia Nova concentración repulsa entrada "ilegal" gaseiro na ría de Ferrol a Twitter
planta_de_gas.2009Ferrol 3.12.2010. Nova concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado cara á pranta de regasificación de Mugardos. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol e membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos) estivemos presentes na manifestacion de protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
ADEGA denuncia as obras na zona LIC do porto de Ortigueira PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia as obras na zona LIC do porto de Ortigueira a FaceBookEnvia ADEGA denuncia as obras na zona LIC do porto de Ortigueira a Twitter

Porto_Ortigueira.2010Ortigueira 28.11.2010. ADEGA exixe a Portos de Galicia  a paralización inmediata das obras do porto deportivo. Dende ADEGA denunciamos diante do SEPRONA e á opinión pública que as obras de remodelación das instalacións náutico-deportivas de Ortigueira, consistentes en transvasamento de lamas dunha zona a outra da ría e o recheo da dársena, se están a facer sen ter en conta as medidas de protección especial previstas para este ámbito. A ría de Ortigueira consta con numerosas figuras de protección: Humidal Ramsar de importancia internacional, Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Rede Natura 2000, Humidal Protexida e Zona de Especial Protección dos valores naturais. Todo este historial de medidas de protección prohibe, actuacións como a modificación do réxime hidrolóxico e composición das augas, a alteración dos seus límites e medios ecolóxicos, o recheo do humidal con calquera tipo de material, a alteración topográfica da súa zona periférica de protección e as infraestruturas, en particular as viarias, portuarias, enerxéticas e de telefonía, así como a ampliación das existentes.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Participación de ADEGA nos Foros de Medioambiente e Aforro Enerxético de Participación Cidadá PDF Imprimir Correo-e
Envia Participación de ADEGA nos Foros de Medioambiente e Aforro Enerxético de Participación Cidadá a FaceBookEnvia Participación de ADEGA nos Foros de Medioambiente e Aforro Enerxético de Participación Cidadá a Twitter

 participacion_cidadaFerrol 19-20 novembro.2010. Ferrol. Centro Cultural Carballo Calero. ADEGA-Ferrol estivo presenta tanto nas ponencias como nas colaboracións dos Foros de Paricipación Cidadá no Concello de Ferrol. No Foro referente a Medioambiente estivo como relator Suso Oca, vogal de ADEGA e tamén estiveron membros de ADEGA nunha nutrida proporción dos foros participativos de Medioambiente e e Aforro Enerxético.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Programa de radio de ADEGA en Ferrrol , na rede: O Souto de ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia Programa de radio de ADEGA en Ferrrol , na rede: O Souto de ADEGA a FaceBookEnvia Programa de radio de ADEGA en Ferrrol , na rede: O Souto de ADEGA a Twitter
Prrogama_Radio_O_Souto_de_ADEGA_FerrolFerrol 11.11.2010. O programa de ADEGA na radio, "O Souto", en Radio Filispim, e levado por Nés Lópes, xa está dispoñible na rede: http://osoutodeadega.blogspot.com/ e con enlaces a programas previos emitidos. Estades todos/as convidados a participar.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Mesa Redonda: "Aspectos socio-económicos da minaría" PDF Imprimir Correo-e
Envia Mesa Redonda: "Aspectos socio-económicos da minaría" a FaceBookEnvia Mesa Redonda: "Aspectos socio-económicos da minaría" a Twitter

Mesa_Redonda.As_Pontes.2010.Sres_Ns_Alvarez_DoldanAs Pontes. 18.11.2010. Palestra sobre "Aspectos socio-económicos da minaría". 20 hs. Casa do Peso. As Pontes.

Relatores:
-Prof  Xoán Ramon Doldán (Profesor de Economia Aplicada. Univ.Santiago)
-Orlando Alvarez , da Asociación  SOSCourel.
-Modera: Nés Lópes. Secretario de ADEGA-Ferrol (*),

(*)(en representación dos colectivos a prol da defensa de zona de  Pico Vello ameazada po-lo proxecto de explotar unha mina de andalucita : Asociacion para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociaçom de Montanha Augas Limpas (AMAL), Club Montaña Ferrol, Colectivo Artabra21,Colectivo Fusquenlla, Comité pola Defensa das Rias Altas, Coordenada0º0'00'', Drosera, Federacion Ecoloxista Galega, Guerrilleiros das Fragas, Verdegaia,Grupo Naturalista Hábitat, Lápis Verdes, Néboa Médio Ambiente, O Rabo doGalo, Saramaganta, Sociedade Galega de História Natural (SGHN).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 Seguinte > Final >>

Páxina 22 de 29

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA