Adega
INICIO Novas Éxito do roteiro reivindicativo en Pico Vello na defensa da zona fronte á ameaza do proxecto de mina

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Éxito do roteiro reivindicativo en Pico Vello na defensa da zona fronte á ameaza do proxecto de mina PDF Imprimir Correo-e
Envia Éxito do roteiro reivindicativo en Pico Vello na defensa da zona fronte á ameaza do proxecto de mina a FaceBookEnvia Éxito do roteiro reivindicativo en Pico Vello na defensa da zona fronte á ameaza do proxecto de mina a Twitter
O recente roteiro en defensa do Pico Vello e contra a apertura dunha explotación a ceo aberto de andalucita ás portas do Parque Natural das Fragas do Eume celebrouse con rotundo éxito. Ducias de persoas démonos cita nunha paraxe de alto valor natural, no curso alto do Belelle, para reivindicar a conservación desta contorna, o alongamento da protección ambiental para un futuro corredor ecolóxico entre os LICs do Eume e Xubia-Castro e a retirada do proxecto da mina. Máis info e fotos en http://picovello.blogspot.com/
O obxectivo era dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico e protestar pola pretendida instalación alí dunha mina por parte da empresa Picobello Andalucita S.L. Unha explotación con doce anos de vida útil, que suporía a destrución irreversible do lugar, e afectaría gravemente ó Río Belelle e ó P. N. Fragas do Eume.

O xacemento está na zona do Pico Vello (colindante e incomprensiblemente excluída do P.N. Fragas do Eume), constituída na súa maior parte por unha fraga mesta e pasteiros, coa presenza de numerosas especies de fauna e flora con interese biolóxico, algunhas catalogadas como vulnerables pola Directiva Hábitat. Esta fraga está incluída na proposta de ampliación da Rede Natura e o monte Fontardión constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural do Eume e L.I.C. Xubia-Castro.

Estiveron de relatores nos descansos do roteiro:

Ernesto Lópes Días, secretario de Adega-Ferrol :Obxectivos do roteiro, a explotación mineira que se pretendía facer e dos efectos da escombreira sobre o río Gallel.

-Manolo Cortizas, membro da SGHN e profundo coñecedor da zona :Falou da morfoloxía , montes, regatos, lugares, etc

- Francisco Canosa, xeólogo da universidade de Oviedo tratou sobre a orixe da andalucita no coñecido como “plutón” do Forgoselo, os eventuáis impactos da explotación,etc

- Antonio Gómez Corral, profesor, falou sobre a riqueza florística destas fragas con hábitats prioritarios.

Nota: información extensa e complementaria e extensa: http://picovello.blogspot.com/;

fotografía po-la xentileza de X. Antón Marcal e Xoan Porto.

Entrevista a Nés Lopez en Radio Liberdade: http://picovello.blogspot.com/2010/05/ernesto-lopes-activista-de-adega-ferrol.html

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA