Adega
INICIO Novas Dragado e voadura de fondos na Ría de Ferrol: a Rede Natura, ao servizo de REGANOSA

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Dragado e voadura de fondos na Ría de Ferrol: a Rede Natura, ao servizo de REGANOSA PDF Imprimir Correo-e
Envia Dragado e voadura de fondos na Ría de Ferrol: a Rede Natura, ao servizo de REGANOSA a FaceBookEnvia Dragado e voadura de fondos na Ría de Ferrol: a Rede Natura, ao servizo de REGANOSA a Twitter

navantia_feneFerrol, 22 de xullo de 2010. ADEGA vén de apresentar alegacións ao proxecto de dragado e voadura de fondos mariños na ría de Ferrol. A zona de actuación está incluida dentro do LIC Costa Ártabra pertenecente á Rede Natura 2000, e conta con especies protexidas e unha riquísima biodiversidade nos seus fondos. O obxectivo último do proxecto é facilitar a entrada de gaseiros á planta de Mugardos, que incumpre a normativa actual de tráfico para este tipo de barcos con mercadorías perigosas. O EIA tampouco axústase ás recomendacións do CEDEX e sospeitamos que o volume das voaduras será moi superior ao recollido no proxecto.

Alegacións_VOADURA_FONDOS (286 Kb)

A Autoridade Portuaria de Ferrol pretende dragar a canle de entrada da ría, un espazo catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria pertencente á Rede Natura.

Nestes fondos mariños protexidos existen hábitats prioritarios dun grande valor ecolóxico cunha alta biodiversidade. Abonda con sinalar que dúas das agullas de rocha que a Autoridade Portuaria quere facer desaparecer teñen 65 e 83 especies mariñas diferentes cada unha de elas.

ADEGA vén de apresentar alegacións a este proxecto fundamentadas no alto impacto medioambiental e na falta de xustificación de esta actuación.

Na actualidade non existe ningun tipo de problemas de navegación para os barcos que acceden o Porto de Ferrol. A nova dársena recentemente construida no exterior da ría evita a navegación dos grandes buques por este estreito canal de entrada. Os barcos que acuden a reparar nos asteleiros entran en lastre e sen problemas de calado, e os maiores barcos da Armada non precisan dun calado superior aos 7 metros .

Tan só a ubicación inadecuada da planta de REGANOSA no interior da ría obriga aos barcos gaseiros a navegar pola canle sen manter as cotas de seguridade que esixe a normativa. Paradoxicamente, REGANOSA instalouse no interior da ría grazaa a un informe favorábel emitido no ano 2001 pola Autoridade Portuaria indicando daquela que non existían problemas de navegación ou seguridade. Hoxe, despois que 70 grandes gaseiros descargasen en REGANOSA a mesma Autoridade Portuaria descobre as dificultades para o tránsito dos gaseiros.

O alto custo da operación, 175.000 euros para 2.500 m3 de dragado, fainos sospeitar que os volumes dragados poidan ser moi superiores ás cantidades declaradas no EIA.

Por todo isto, ADEGA denunciará perante a Unión Europea esta agresión á Rede Natura.

Máis información:

Humberto Fidalgo, vicepresidente de ADEGA-Ferrolterra. Tel.: 666175501

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA