Adega
INICIO Delegacións Ourense

Vídeos ADEGA-Ourense:

A seca do Sil por Iberdrola

vidsecasil.jpg

Ourense
No Ano das Florestas, 11000 Ha de espazos protexidos queimadas en 15 días ante a pasividade da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia No Ano das Florestas, 11000 Ha de espazos protexidos queimadas en 15 días ante a pasividade da Xunta a FaceBookEnvia No Ano das Florestas, 11000 Ha de espazos protexidos queimadas en 15 días ante a pasividade da Xunta a Twitter

lumesourensetn22 de outubro de 2011. Nos 15 primeiros días deste mes os lumes de Ourense arrasaron 10.909 Ha só en 4 espazos protexidos da Rede Natura: O Macizo Central perdeu máis dun 12% de territorio, principalmente nas serras do Invernadoiro e Queixa; a Baixa Limia-Serra do Xurés perdeu un 11%, tamén nas zonas de maior valor; e en Pena Maseira e Pena Trevinca ardeu o 7,6% e 5,7% da superficie. Perante a manipulación dos datos pola Xunta, que teima en minimizar a superficie queimada e a afección aos espazos protexidos, os satélites da NASA non deixan lugar a dúbidas: trátase dunha das catástrofes ecolóxicas máis importantes acontecidas no país dende o Prestige. Nen nos lumes de 2006 a afección aos espazos protexidos foi tan importante (<2000 Ha). Pola súa nefasta xestión, incompetencia e desleixo, ADEGA esixe a demisión de Samuel Juárez e a declaración da súa consellaría como "zona catastrófica". Facemos tamén un chamado á sociedade galega a participar este sábado 22 na concentración na Pobra de Trives (Pza. do Concello, 12h) e na manifestación en Ourense (Parque de S. Lázaro, 19h)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA pide á Fiscalía e ao xulgado do "Pokemon" que investigue as concesións hidroeléctricas de Fdez. Liñares a Iberdrola e Fenosa PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA pide á Fiscalía e ao xulgado do "Pokemon" que investigue as concesións hidroeléctricas de Fdez. Liñares a Iberdrola e Fenosa a FaceBookEnvia ADEGA pide á Fiscalía e ao xulgado do "Pokemon" que investigue as concesións hidroeléctricas de Fdez. Liñares a Iberdrola e Fenosa a Twitter
4 de outubro de 2012. Os faraónicos proxectos de Iberdrola e GN-Fenosa no Sil e Miño, que afectan (Santo Estevo II, San Pedro II) ou van afectar (Sta. Cristina, Belesar III, O Peares III, Edrada-Sto. Estevo) a espazos naturais protexidos, paisaxes únicas e mesmo especies en perigo de extinción, foron autorizados e defendidos polo ex-presidente da CH Miño-Sil, Fdez. Liñares, mesmo contra o acordo do Senado de non autorizar novos aproveitamentos nestes ríos e a opinión da daquela ministra de Medio Ambiente Rosa Aguilar, quen recoñecera a sobreexplotación da bacía. Os elevadísimos impactos destas instalacións sobre o patrimonio ambiental e cultural da Ribeira Sacra, como puidemos ver coas obras de Santo Estevo II, fan aínda máis incomprensíbel o apoio da CH Miño-Sil que ademais presentou un Plano Hidrolóxico a medida de Endesa e Fenosa. Dende ADEGA instamos á Fiscalía e ao xulgado que entende o "caso Pokemon" a que investigue a tramitación destas concesións. Esiximos tamén as actuais responsábeis da Confederación que paralisen a tramitación destes proxectos e á Xunta que manifeste diante do ministerio a súa oposición a unhas obras que son un vergoñento resto do "franquismo ambiental" nos nosos ríos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Outra central de 763 MW no Sil: A Ribeira Sacra, de Patrimonio da Humanidade a polígono industrial PDF Imprimir Correo-e
Envia Outra central de 763 MW no Sil: A Ribeira Sacra, de Patrimonio da Humanidade a polígono industrial a FaceBookEnvia Outra central de 763 MW no Sil: A Ribeira Sacra, de Patrimonio da Humanidade a polígono industrial a Twitter
Edradatn7 de novembro de 2011. Gas Natural-U. Fenosa vén de iniciar os trámites para a construción doutra central reversíbel na Ribeira Sacra, a de "Edrada-Santo Estevo" de 763 MW, entre os encoros de Santo Estevo (Sil) e Edrada (Mao). O proxecto requerirá de faraónicas obras para furar o canón do Sil cun túnel de 5Km, un pozo de 450m e unha central en caverna co volume dun barrio de vivendas de 10 pisos a 120 m de profundidade no macizo. Se o proxecto vai adiante, unirase aos de Belesar III e Os Peares III, tamén de Fenosa e Santo Estevo II e Santa Cristina, de Iberdrola, todos na bacía Miño-Sil, a máis sobreexplotada de Europa con máis de 100 aproveitamentos hidroeléctricos. É outra herdanza ambiental do franquismo xa que deriva dunha concesión de 1951 por 99 anos para o "aproveitamento hidroeléctrico integral" do río Mao. E ben que o aproveitan, con todo "atado y bien atado" por cen anos!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
8 millóns de € para un "ecomausoleo" mentres a nosa biodiversidade esmorece sen investimentos PDF Imprimir Correo-e
Envia 8 millóns de € para un "ecomausoleo" mentres a nosa biodiversidade esmorece sen investimentos a FaceBookEnvia 8 millóns de € para un "ecomausoleo" mentres a nosa biodiversidade esmorece sen investimentos a Twitter
Ourense, 7 de setembro de 2010. En epoca de crise e “austeridá”, e logo de que arderan boa parte dos espazos naturais da provincia, as administracións van desbaldir 8 millóns de euros na construción dun “centro de interpretación ambiental” en Ourense. Mentres, non hai orzamentos públicos para facer os preceitivos planos de restauración para as zonas queimadas e de recuperación e conservación das especies protexidas. Outra volta, óptase por investir en cemento (e na cidade) en nome do ambiente, ficando o medio rural e os nosos espazos naturais abandonados, precisamente no Ano Internacional da Biodiversidade.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Lumes no Macizo Central, O Xurés e nos Canóns do Sil: unha catástrofe para a nosa biodiversidade PDF Imprimir Correo-e
Envia Lumes no Macizo Central, O Xurés e nos Canóns do Sil: unha catástrofe para a nosa biodiversidade a FaceBookEnvia Lumes no Macizo Central, O Xurés e nos Canóns do Sil: unha catástrofe para a nosa biodiversidade a Twitter
Turismo_de_lumes3 de setembro de 2010. A vaga de lumes de agosto afectou principalmente a espazos naturais do interior do país de alto valor ecolóxico. Se en 2006 os incendios afectaron maiormente a áreas periurbanas e costeiras, cunha incidencia relativamente baixa e dispersa sobre os espazos protexidos (un 2% do total queimado), neste 2010 máis do 30% do terreo arrasado corresponde a tres espazos protexidos (Macizo Central, Xurés e Canóns do Sil) e áreas veciñas de alto valor natural. Tendo en conta a cativa representación territorial que a Rede Natura ten en Galiza (menos dun 12%), a incidencia dos lumes deste ano constitúe unha verdadeira catástrofe ecolóxica.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 4

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA