Denuncia de talas masivas na zona de Forgoselo(Rede Natura 2000) |
Ferrol 10.11.2010. ADEGA na súa delegación de Ferrol denunciamos a tala masiva de árbores na zona de Forgoselo, incluído na Rede Natura 2000, así como a colocación de valados de arames, polo impacto das devanditas tallas sobre a zona boscosa e polo impacto nunha zona de alta riqueza micolóxicaica. A devandita tala masiva "xustifícase" teoricamente polo "plan de xestión e explotación" da zona, pero as actuacións semellan altamente desproporcionadas. |