Adega
INICIO
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Novo Plano Hidrolóxico: a excusa para continuar co saqueo dos nosos ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Novo Plano Hidrolóxico: a excusa para continuar co saqueo dos nosos ríos a FaceBookEnvia Novo Plano Hidrolóxico: a excusa para continuar co saqueo dos nosos ríos a Twitter

miicentraisgalizacosta.jpg23 de agosto de 2010. Malia á suspensión en 2005 (Decreto 555/2005) da concesión de 32 aproveitamentos hidroeléctricos e á aprobación en 2006 da ILP en Defensa dos Ríos, novas minicentrais amezan a vida dos nosos ríos da man do novo Plano Hidrolóxico. As concesións hidroeléctricas aprobadas polo governo Fraga en funcións e denunciadas polo Consello de Contas, poden ser unha realidade denantes de 2015. Feijóo (daquela vicepresidente) e Hernández (daquela responsabel de Augas de Galiza) pretenden continuar co saqueo dos nosos ríos onde o deixaron en 2005.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Persiste o uso masivo de herbicidas nas estradas galegas, malia os riscos ambientais PDF Imprimir Correo-e
Envia Persiste o uso masivo de herbicidas nas estradas galegas, malia os riscos ambientais a FaceBookEnvia Persiste o uso masivo de herbicidas nas estradas galegas, malia os riscos ambientais a Twitter
fumigason12 de xullo de 2010. O uso masivo de herbicidas para "limpar" as beiras das estradas é unha práctica cada vez máis estendida en Galiza. Estas substancias biocidas, anque legais, comportan riscos para a saúde pública e ambiental ao envelenar as augas e os solos. A alternativa aos herbicidas para controlar a vexetación son as rozas mecánicas selectivas, que ademais contribuen a criar máis postos de traballo. Unha suposta "austeridade" mal entendida está a envelenar os ecosistemas, incrementando de paso o risco de lumes.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Parlamento de Galiza rexeita a construción do encoro no río Navia PDF Imprimir Correo-e
Envia O Parlamento de Galiza rexeita a construción do encoro no río Navia a FaceBookEnvia O Parlamento de Galiza rexeita a construción do encoro no río Navia a Twitter
agresionsrios26 de maio de 2010. O Parlamento de Galiza vén de aprobar por unanimidade unha moción do BNG pola que ínstase a Xunta a informar negativamente sobre a concesión "Salto do Suarna", no río Navia, e pide ao estado que decrete a caducidade da concesión, que data de 1963. Na sesión plenaria que tomou este acordo estiveron presentes en nome de ADEGA o seu secretario xeral Froilán Pallín xunto cunha representación dos veciños e colectivos locais afectados por esta infraestrutura. ADEGA agarda que o MMARM atenda o acordo unánime do Parlamento de Galiza, que a maiores demanda a declaración do Navia como río libre de aproveitamentos hidroeléctricos. ADEGA demanda tamén da Xunta que, en coerencia, decrete o "punto final" dos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos galegos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
No Día Mundial dos Océanos ADEGA pide máis reservas mariñas e menos agresións ao litoral PDF Imprimir Correo-e
Envia No Día Mundial dos Océanos ADEGA pide máis reservas mariñas e menos agresións ao litoral a FaceBookEnvia No Día Mundial dos Océanos ADEGA pide máis reservas mariñas e menos agresións ao litoral a Twitter
wod_logo.jpg Este 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos.  Co tema deste ano, "OCÉANOS DE VIDA", a ONU chama a atención sobre a grande diversidade de vida nos mares  e a importancia de protexela. No Ano Internacional da Biodiversidade, cómpre lembrar que os mares son a despensa da humanidade, moderadores do clima e amortecedores dos impactos do cambio climático. Pero estas funcións, fundamentais para o mantemento da vida na Terra están seriamente comprometidas polas actividades humanas. Sobrepesca, verteduras urbanas e industriais, mareas negras, acidificación polo exceso de emisións de CO2... Na Galiza, cun dos mares máis fecundos do planeta, seguimos ao cabo en protección dos esosistemas mariños.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA: andaina polo clima de Meirama a Sogama PDF Imprimir Correo-e
Envia O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA: andaina polo clima de Meirama a Sogama a FaceBookEnvia O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA: andaina polo clima de Meirama a Sogama a Twitter

Para comemorar o Día da Terra (22 de abril), este vindeiro sábado 24 de abril, a partires das 17h, diversas organizacións ecoloxistas galegas convocamos unha ANDAINA POLO CLIMA baixo o lema "O CLIMA NON ESTÁ Á VENDA". Será en Cerceda, e o percorrido irá dende a central térmica de Meirama (Gas Natural-Unión Fenosa) até as portas da incineradora de SOGAMA (Xunta de Galiza-G.N.-U. Fenosa). Comemora o Día da Terra participando nesta andaina en defensa do noso ambiente! Vídeo do acto (grazas Bocixa)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 111 112 113 114 Seguinte > Final >>

Páxina 111 de 114


ADEGA