Adega
INICIO
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Admitida a trámite a denuncia da Fiscalía contra Álvarez-Campana por prevaricación no caso Rinlo PDF Imprimir Correo-e
Envia Admitida a trámite a denuncia da Fiscalía contra Álvarez-Campana por prevaricación no caso Rinlo a FaceBookEnvia Admitida a trámite a denuncia da Fiscalía contra Álvarez-Campana por prevaricación no caso Rinlo a Twitter
23 de abril de 2010. O Fiscal de Medio Ambiente vén de confirmar a ADEGA a admisión a trámite no xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Compostela da súa denuncia contra José Manuel Alvarez-Campana Gallo, actual presidente de Portos de Galiza, por un posíbel delicto de prevaricación medioambiental e outro de prevaricación urbanística no caso da piscifatoría de Rinlo (Ribadeo) cando era Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Ditar resolucións presuntamente inxustas saltándose a lexislación ambiental e urbanística non pode sair de balde. ADEGA pide aos Sres. Feijóo e Hernández que cesen fulminantemente ao imputado.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA ao conselleiro de Medio Ambiente: hai liñas vermellas que non poden ser cruzadas PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA ao conselleiro de Medio Ambiente: hai liñas vermellas que non poden ser cruzadas a FaceBookEnvia ADEGA ao conselleiro de Medio Ambiente: hai liñas vermellas que non poden ser cruzadas a Twitter

Compostela, 10 de abril de 2010. Este xoves 8, membros da Directiva de ADEGA mantivemos unha entrevista co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para trasladarlle a postura da asociación sobre os asuntos de actualidade relacionados coas súas competencias. A Lei do Solo e a súa modificación foi o motivo principal dunha xuntanza (solicitada antes da aprobación parlamentaria) na que ADEGA manifestoulle o seu total desacordo cos contidos e tramitación da norma e por non ter completado a previa aprobación das DOT (Directrices de Ordenamento do Territorio), iniciada na lexislatura anterior. Falamos tamén do caso Barreiros, e deixámoslle moi claro que para ADEGA, xudicializar a protección do ambiente e do territotio é un erro, mais hai liñas vermellas que non poden ser cruzadas. Se as administracións insisten en burlar a lexislación ambiental e urbanística, terán que render contas perante e xustiza.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
No día mundial contra os encoros, ADEGA esixe a demolición das barraxes máis agresivas PDF Imprimir Correo-e
Envia No día mundial contra os encoros, ADEGA esixe a demolición das barraxes máis agresivas a FaceBookEnvia No día mundial contra os encoros, ADEGA esixe a demolición das barraxes máis agresivas a Twitter
encoronon.jpg14 de marzo de 2010. Este 14 de marzo celébrase o Día Mundial de Acción contra os Encoros. No 1997 en Curitiba, Brasil, durante o I Encontro Internacional de Afectados/as polas Barraxes, acordouse que este día serviría para denunciar os aproveitamentos destrutivos da auga, resgatar a saúde das nosas bacías e esixir a xestión sustentábel dos ríos. ADEGA volta a reclamar a demolición das infraestruturas hidráulicas máis agresivas nos ríos do noso país, en cumprimento da Directiva Marco da Auga e da Lei de Defensa dos Ríos Galegos, esquecida nun caixón dende 2006. Casos como o encoro do Umia en Caldas ou o da Capela no Eume, alén da "trama das minicentrais" investigada pola Fiscalía, son perfectos exemplos da prepotencia e corrupción xerada arredor destas infraestruturas.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Modificación da Lei do Solo: máis especulación, impunidade e desfeita ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia Modificación da Lei do Solo: máis especulación, impunidade e desfeita ambiental a FaceBookEnvia Modificación da Lei do Solo: máis especulación, impunidade e desfeita ambiental a Twitter
tixolo.jpg23 de marzo de 2010. A Xunta persiste nos erros e infla de novo a burbulla inmobiliaria a base de chan ru?stico, ma?is desproteccio?n e discrecionalidade. O texto incrementa as oportunidades para a especulación, desta volta nos núcleos rurais e o chan rústico, dá maior cobertura ás ilegalidades urbanísticas, bendicindo escandalosas aberracións como as urbanizacións de Barreiros, reduce ao mínimo o control autonómico, delegando nos concellos, asalta os montes en man común e convirte a Rede Natura en chan barato ao servizo dos intereses privados. Con esta modificación, a Xunta repite os erros que nos levaron á actual crise e prepara un dos maiores atentados á integridade ambiental e territorial dos últimos decenios.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
"Actuacións medioambientais" no LIC Ulla-Deza: 2,1 millóns de € en aterros, pavimentos e mobiliario PDF Imprimir Correo-e
Envia "Actuacións medioambientais" no LIC Ulla-Deza: 2,1 millóns de € en aterros, pavimentos e mobiliario a FaceBookEnvia "Actuacións medioambientais" no LIC Ulla-Deza: 2,1 millóns de € en aterros, pavimentos e mobiliario a Twitter
paseododro.jpg5 de marzo de 2010. ADEGA vén de alegar a outro proxecto de Costas nun espazo protexido. Nas brañas de Dodro, no LIC Sistema Fluvial Ulla-Deza, o estado pretende construir unha praia fluvial con paseos pavimentados, aparcadoiros e demáis mobiliario urbano, todo isto camuflado como "actuacións medioambientais". Máis de 2 millóns de € dos cais, para a conservación dos hábitats e as especies en perigo de extinción presentes na área adícanse... CERO. É outro exemplo máis do desbaldimento de cartos en proxectos agresivos promovidos polo Ministerio de Medio e Medio na costa, como a "rexeneración" das praias de Corcubión e Riazor-Orzán, ou a rocambolesca "millora ambiental" de Doniños. Consulta as nosas  Alegacions COSTAS DODRO.pdf Alegacións COSTAS-DODRO (170 KB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 111 112 113 114 Seguinte > Final >>

Páxina 113 de 114


ADEGA