Adega
INICIO
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
A Xunta, "enganchada" á incineración, vai reproducir o fracaso de SOGAMA no sur PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta, "enganchada" á incineración, vai reproducir o fracaso de SOGAMA no sur a FaceBookEnvia A Xunta, "enganchada" á incineración, vai reproducir o fracaso de SOGAMA no sur a Twitter
A Xunta vén de apresentar máis datos sobre o Plano de Residuos Urbanos de Galiza 2010-2020 (2.34 Mb) confirmando a forte aposta do goberno Feijóo pola incineración. Fronte á realidade das cifras que amosan o rotundo fracaso de SOGAMA, o novo PXRSUG aposta novamente pola incineración (que chucha o 60% do investimento en infraestruturas e o 48% do orzamento total) cunha nova planta incineradora no Sur sine loci, e a ampliación da de Cerceda. 
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
22 de maio, Día da Biodiversidade: Galiza, á cola na xestión de hábitats e especies protexidas PDF Imprimir Correo-e
Envia 22 de maio, Día da Biodiversidade: Galiza, á cola na xestión de hábitats e especies protexidas a FaceBookEnvia 22 de maio, Día da Biodiversidade: Galiza, á cola na xestión de hábitats e especies protexidas a Twitter
logoBIO-2010En decembro de 2000 a Asemblea Xeral da ONU designou o 22 de maio como Día Mundial da Biodiversidade, para comemorar a sinatura en 1992 da Convención Internacional para a Diversidade Biolóxica en Nairobi (Kenia). Este ano, o lema é "Biodiversidade, desenvolvemento e alivio da pobreza", para subliñar o papel da conservación e boa xestión da biodiversidade no benestar humano. Fronte ao discurso interesado de que o progreso (sobre todo o de algúns) está enfrontado á protección ambiental, a conservación da biodiversidade pode e debe ser motor do desenvolvemento sustentábel, comezando polos propios habitantes dos lugares protexidos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Fianza de 10.000€ a ADEGA para persoarse como acusación no xuízo a Álvarez-Campana PDF Imprimir Correo-e
Envia Fianza de 10.000€ a ADEGA para persoarse como acusación no xuízo a Álvarez-Campana a FaceBookEnvia Fianza de 10.000€ a ADEGA para persoarse como acusación no xuízo a Álvarez-Campana a Twitter
4 de maio de 2010. O xuíz de primeira instancia do xulgado nº 2 de Compostela vén de esixir a ADEGA o depósito dunha fianza de 10.000€ para persoarse como acusación no proceso por prevaricación contra José Manuel Álvarez-Campana Gallo, aberto a instancias da Fiscalía Medioambiental. ADEGA entende innecesaria e excesiva esta fianza, máxime cando a acusación parteu da Fiscalía e baséase en dúas sentenzas firmes do TSXG contra a aprobación da DIA e o proxecto da piscifatoría de Rinlo (Ribadeo). Noutros casos penais abertos contra o criterio a Fiscalía e sen sentenzas firmes detrás, impuxéronse ás acusacións populares fianzas máis baixas: na denuncia contra Garzón polas foxas do franquismo, "Manos Limpias" única acusación no proceso, tivo que facer fronte a unha fianza de 6.000€.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A mina de andalucita ás portas das Fragas do Eume, no punto de mira da Fiscalía Ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia A mina de andalucita ás portas das Fragas do Eume, no punto de mira da Fiscalía Ambiental a FaceBookEnvia A mina de andalucita ás portas das Fragas do Eume, no punto de mira da Fiscalía Ambiental a Twitter

RotPV10Este xoves, membros de ADEGA, A. M. Augas Limpas, SGHN e Verdegaia, en representación dos 16 colectivos contrarios á instalación dunha mina a ceo aberto nas Fragas do Eume, trasladámoslle á Fiscalía as irregularidades observadas na tramitación deste proxecto. O Fiscal, Álvaro García Ortiz, acordou abrir dilixencias preprocesais para investigar as actuacións da administración neste caso e pedirlle máis información. A tramitación da mina de andalucita é outro exemplo do proceder chafalleiro e do desleixo da admnistración pola conservación do noso patrimonio natural: non se respectaron os prazos establecidos pola lexislación e o EIA presentaba escandalosas omisións, como non detallar os impactos da mina sobre o Parque Natural das Fragas do Eume, entre outras.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA impugnará o convenio de Barreiros e denunciará a retirada dos contenciosos pola Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA impugnará o convenio de Barreiros e denunciará a retirada dos contenciosos pola Xunta a FaceBookEnvia ADEGA impugnará o convenio de Barreiros e denunciará a retirada dos contenciosos pola Xunta a Twitter

Barrairos14 de abril de 2010. Diante da sinatura do convenio urbanístico de Barreiros e a anunciada retirada dos contenciosos-administrativos por parte da Xunta, ADEGA advirte ás administracións que a violación da legalidade que suporían estas actuacións, non pode quedar impune. Se a retirada dos recursos  da Xunta para a reposición da legalidade urbanística constitúe, por elemental sentido da xustiza social, unha inaceptábel e aberrante práctica administrativa dun goberno que está obrigado a tratar a todos os cidadáns por igual, resulta aínda máis indignante e escandaloso que se pretenda reparar tal ilegalidade a conta dos cartos públicos. En ADEGA temos moi claro que se todas as falcatruadas urbanísticas do Concello de Barreiros poden ser legalizadas impunemente, pouco van valer en adiante as disposicións de protección do solo recollidas na lexislación urbanística e en calquera outra lexislación. En consecuencia, ADEGA non escatimará esforzos para tentar restaurar a legalidade fronte á deixación de funcións e a escandalosa connivencia da Xunta cos infractores.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 111 112 113 114 Seguinte > Final >>

Páxina 112 de 114


ADEGA