Adega
INICIO Últimas novas 2º cabodano de Fukushima: A contaminacion radiactiva ficou, 160.000 persoas deixaron os seus fogares para sempre
2º cabodano de Fukushima: A contaminacion radiactiva ficou, 160.000 persoas deixaron os seus fogares para sempre PDF Imprimir Correo-e
Envia 2º cabodano de Fukushima: A contaminacion radiactiva ficou, 160.000 persoas deixaron os seus fogares para sempre a FaceBookEnvia 2º cabodano de Fukushima: A contaminacion radiactiva ficou, 160.000 persoas deixaron os seus fogares para sempre a Twitter
nuclearxove11 de marzo de 2013, cabodano de Fukushima. Dous anos despois e cun balanzo de 28 millóns de metros cadrados contaminados, 160.000 persoas evacuadas, 250.000 millóns de dólares gastados, a ruina económica e o desarraigamento para milleiros de familias, a pegada de Fukushima tardará en esvaecerse centos de anos, literalmente. Son as consecuencias dun sistema corrupto que protexe ás empresas por riba das persoas e persiste en promover a enerxía nuclear hipotecando a saúde do planeta polo beneficio económico. E cando chega un accidente, as perdas pagámolas todos/as: Tepco, a empresa propietaria dos reactores de Fukushima non puido facer fronte aos gastos e crebou. O governo xaponés nacionalizouna, socializando as perdas, que pagou o pobo. Sónavos de algo? Aínda así, Xapón xa ten máis centrais nucleares en proxecto... A enerxía nuclear é demencial e criminal! No cromo, os efectos dun "Xoveshima", un accidente nuclear na planta que Fenosa quixo construir en Xove no 1973.

Ao fío do cabodano desta catástrofe, reavívase a preocupación pola enerxía nuclear. As organizacións ecoloxistas nunca agardamos por unha catástrofe para poñer sobre a mesa o debate sobre a enerxía nuclear.  Sobran argumentos para desmontar as patrañas do lobby atómico e dos seus factotums políticos, que agora, fronte aos gravísimos sucesos de Fukushima, recollen velas e suavizan a súa posición co fume da demagoxia e os tecnicismos.

Eis dez razóns que os ecoloxistas de todo o mundo temos para rexeitar o uso da enerxía nuclear, nun formato de fácil dixestión para políticos e ex-presidentes, de retiro nos consellos de administración dalgunhas eléctricas:

1. A enerxía nuclear é inmensamente destrutiva e perigosa: Harrisburg (1979) Chernóbil (1986) e agora Fukushima, amosan claramente as posibilidadees destrutivas desta fonte de enerxía que por si soa, pode hipotecar o futuro do planeta por moitas xeracións.

2. A enerxía nuclear non é unha enerxía limpa, ao contrario, é das máis suxas: os refugallos perduran durante milleiros de anos e a súa xestión e tratamento aínda non están resoltos.

3. A enerxía nuclear é a máis insolidaria: cria menos postos de traballo que as renovábeis, privatiza os beneficios e deixa nas mans públicas os custos de desmantelamento e xestión dos refugallos, así como os riscos xerados no seu funcionamento e no almacenamento dos refugallos durante milleiros de anos. 

4. A enerxía nuclear non é a máis barata, ao contratrio, é moi cara: é un sumidoiro de axudas públicas dende a construción, pasando polo seu mantemento e tamén para a xestión dos refugallos. Por se non fora pouco, mesmo lles pagamos ás eléctricas por non facer máis centrais (moratoria nuclear) através do recibo da luz.

5. A enerxía nuclear non é necesaria: de haber vontade política é posíbel substituila polas renovábeis e promover o aforro e a eficiencia, como fixeron países como Alemaña ou Suecia (que cumpren con Quioto), mentres que Franza, cun enorme parque nuclear, non.

6. A enerxía nuclear non é pois a solución ao cambio climático: no seu ciclo de vida (extración, transporte, construción, desmantelamento das centrais, xestión dos refugallos, etc.) emítense máis GEIS que coas renovábeis.

7. A enerxía nuclear non da a suficiencia enerxética, ao contrario, cria máis dependencia: o uranio é un recurso escaso localizado en poucos xacementos no mundo. O estado español importa practicamente a totalidade do uranio doutros países para as súas centrais, polo que a dependencia que por exemplo co carbón.

8.  A enerxía nuclear non é renovábel: as reservas de U-235 son finitas e esgotaranse nunhas poucas décadas.

9. A enerxía nuclear é rexeitada pola inmensa maioría da sociedade: por que entón os principais partidos políticos teiman en defendela?

10. A enerxía nuclear non é sustentábel: non é eficiente eonómicamente, nin solidaria socialmente, nin os custos e riscos ambientais son asumíbeis.

En 2006,  o Parlamento Galego aprobou coa unanimidade dos tres grupos, unha Proposición non de Lei que declaraba Galiza como territorio desnuclearizado. Agora tócalles ás forzas políticas estatais, tanto do governo como da oposición, acadar un compromiso inequívoco para abandonar o uso da enerxía nuclear, prohibindo por lei a construción de novas centrais e pechando as existentes denantes de 2020.
 
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA