Adega
INICIO Novas ADEGA-Ferrol apela ao Parlamenteo Europeo na defensa do espazo natural de Leixa (Ferrol)

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

ADEGA-Ferrol apela ao Parlamenteo Europeo na defensa do espazo natural de Leixa (Ferrol) PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA-Ferrol apela ao Parlamenteo Europeo na defensa do espazo natural de Leixa (Ferrol) a FaceBookEnvia ADEGA-Ferrol apela ao Parlamenteo Europeo na defensa do espazo natural de Leixa (Ferrol) a Twitter

leixa_zona_polgono_industrial.200912.4.2011 . ADEGA Ferrol amplía á súa solicitude á Comisión de Peticións do  Parlamento Europeo  cara á protección do espazo natural de San Pedro de Leixa ameazado polo proxecto dun polígono industrial.

ADEGA na comarca de Ferrol remitiu á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ampliación da petición previa na que insta á protección do espazo natural de San Pedro de Leixa, que considera veriase gravemente afectado polo proxecto de polígono industrial que está previsto desenvolver nesta zona, e máxime cando a propia administración determina que non hai demanda de chan industrial e hai chan baleiro nos polígonos adxacentes.

Dende ADEGA apuntamos que esta paraxe é un dos mellores conservados do interior do municipio ferrolano e que, de levarse a cabo a anunciada iniciativa, provocaría importantes danos na fauna da zona. Entre ela atópanse máis de corenta especies de mamíferos, reptiles, aves, peixes e anfibios que, quedarían englobados dentro das directivas comunitarias Hábitats e Aves, etiquetadas como de interese especial ou vulnerables. As obras traerían consigo tamén, engade a asociación, severos problemas para os bosques de ribeira da zona, a Fraga dá Pega, a comunidade de Ripsilvas, etc. O sistema fluvial veríase así mesmo afectado -en concreto os regatos de Leixa e Fonteiroa-. CARTA_COMISION_EUROPEA.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA