Palestra en Carnota: razóns para un Parque Natural no Monte Pindo |
O pasado 25 de outubro de creouse no Pindo a Asociación Monte Pindo Parque Natural para promover a consecución desta figura de protección para este sobranceiro espazo natural. A AMPPN foi fundada por persoas que representan ás parroquias veciñas do Monte Pindo, ademais de colectivos ecoloxistas como ADEGA, promotora da idea. É portanto unha asociación composta maioritariamente por veciños e veciñas orgullos@s do seu patrimonio natural e cultural, que pretenden poñelo en valor para compatibilizar o aproveitamento económico sustentábel coa protección ambiental dos seus grandes valores biolóxicos, xeolóxicos e patrimoniais. Con estes obxectivos convocámosvos ao acto de apresentación que terá lugar este sábado 13 de novembro no Salón de Actos do Concello de Carnota.
PROGRAMACIÓN: Cos relatorios de:
Ao remate todo o público poderá formular as súas preguntas a calquera dos poñentes. Á esta conferenza convidarase aos concelleiros dos 3 grupos políticos que forman a corporación municipal de Carnota, e especialmente ao Alcalde de Carnota Sr. Oreiro que ten manifestado a falta de información como a única razón para opoñerse ao ilusionante proxecto de que o Monte Pindo sexa o 7º parque natural galego. Agardamos que todos os responsables do Concello de Carnota resolvan as súas dúbidas preguntando ou plantexando libremente calquer aspecto do proxecto. |