Adiante coa República Ecolóxica do Monte Pindo! |
14 de abril de 2012. Este pasado 14 de abril, cabodano da República, centos de persoas desafiando unha choiva por veces torrencial, marchamos para pedir a declaración do Parque Natural do Monte Pindo. No medio dun ambiente festivo e fraterno, e acompañados polas gaitas, fixémoslle saber á Xunta con berros de "Monte Pindo, Parque Natural", "Queremos salvar o noso Pedreghal", "A xente di que si, a Xunta di que non", ou "Máis inversións, e menos intencións" ou "Que a Xunta protexa o Olimpo Celta", que non imos renunciar á xusta reivindicación de que o Monte Pindo sexa o sétimo parque natural de Galiza. A manifestación convocada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural percorreu os 3 quilómetros que separan o Ézaro do Pindo, nunha demostración do masivo respaldo que a proposta de dotar ao Olimpo Celta desa figura de protección e desenvolvemento sustentábel, suscita na comarca e en todo o País.
A marcha contou co apoio dos alcaldes de Carnota e Dumbría, e foi secundada por destacados persoeiros da vida cultural, empresarial e política, asi como por un extenso listado de entidades sociais de todo tipo (que figuran ao pe desta nota). No remate, que coincidiu cunha esperanzadora saída do sol, liuse o seguinte manifesto: MANIFESTO POLO PARQUE NATURAL DO MONTE PINDO O 7 de setembro do ano 2010, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Sociedade Galega de Historia Natural presentan unha proposta no Observatorio Galego da Biodiversidade, para a declaración do Monte Pindo, Parque Natural. Ao abeiro desta proposta un grupo de persoas concienciadas con ese sentimento reúnense para crear unha asociación que apoie e defenda esa proposta. Así é como o 17 de outubro do 2010 nace a Asociación Monte Pindo Parque Natural, cuxo fin non é outro que apoiar a a declaración do Monte Pindo como parque natural. Pensamos os membros da asociación o que moitos galegos e galegas xa viñan dicindo fai tempo: que xa abonda, que o Monte Pindo non pode seguir abandonado á súa sorte, que todos xuntos temos que facer algo por recuperalo.
APOIAN (por orde cronolóxica) Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) · Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) · Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) · Galiza Nova · Bloque Nacionalista Galego · AC Canle (Lira) · Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa (Quilmas) · Plataforma pola defensa de Quilmas (Quilmas) · Plataforma pola defensa do Xallas (Costa da Morte) · Xurde Caldebarcos (Caldebarcos) · Comunidade de Montes de Caldebarcos · Galinus, Taller de Novos Medios · Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS) · Lonxanet · Club Montañeiros Celtas · Colectivo Urbano Lugrís · Confraría de Pescadores do Pindo · Proxecto Pindo Mariño · Confraría de Pescadores de Lira · Proxecto Mar de Lira · Cántigas da Terra · AC Cultura do País · Amigos da Terra · Asociación de Veciños Os Castros (Pontedeume) · Asociación de veciños Atocha, Monte Alto e Torre de Hércules (A Coruña) · ARCD Palavea Bravú (A Coruña) · FRUGA (Federación Rural Galega) · Luar na Lubre · AEC Verbo Xido (Terra de Montes) · Real Academia Galega · Amorim + Doporto Arquitectos · Comités · CostaMeiga.com · ACDR O Patín (Carnota) · Ecogalego.org · Asociación Neria · Asociación Galega de Horticultura Urbana · Banco de Tempo Fervello · Amigos dos Museos de Galicia · ASOAR-ARMEGA · Associaçom Galega da Língua · Asociación ecoloxista Naturviva · Asociación Veciñal do Saviñao (Lugo) · Asociación Xuvenil para o Estudo da Natureza (AXENA) · Colectivo Nacionalista de Marín · Encontro Irmandiño · Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro (Bueu) · Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo · Zocamiñoca · Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) · Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal · Clube Espeleolóxico Máuxo (CEM) · Verdegaia · EQUO · Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro · Asociación Motivos d'Aldea (Bueu) · A Ría non se vende · aCentral Folque · Asociación Galega de Apicultura (AGA) · Club de Montaña e Escalada Azimut · Finisterrae · Galiza non se vende · Permacultura Eiras do Minho · Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo CÍES · Salvemos Monteferro · Asociación de Empresarios Costa da Morte · Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) · Asociación Socio-Cultural O Iríbio (Triacastela) · Árbore Consumo Consciente · Federación Ecoloxista Galega (FEG) · Foro Social de Cangas · Sociedade Galega de Ornitoloxía · Partido da Terra · Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) · Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) · Fundación Sen Esquencer · Fundación Gonzalo López Abente (Muxía) · Confederación Intersindical Galega (CIG) · Asociación Ambiental Senda Nova · Asociación Cultural Monte da Estrela (Arteixo) · Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia · Asociación Cultural Mar de Muros · Charanga Tabernícolas do Leiradal · Parque Natural de Barbate
|