![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Lirio do monte: Outra xoia máis do Monte Pindo. A que agarda a Xunta para declaralo Parque Natural? |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() ADEGA e a Asociación Monte Pindo Parque Natural sempre defenderon a proposta de declarar este espazo Parque Natural non unicamente polos seus singulares valores xeolóxicos e biolóxicos, senón porque tamén é a única figura que garante a participación social (concellos, propietarios, sectores sociais) através do Padroado e un orzamento fixo para a conservación do espazo e a dinamización socioeconómica da contorna. Non menos importante é porque esta proposta xurdiu da propia sociedade e concitou amplos apoios dende os máis diversos sectores. Cantos espazos protexidos, non só en Galiza senón no mundo xurdiron a iniciativa da propia sociedade que vive ao seu carón? Ben certo que sería un Parque Natural pequeno, similar a Corrubedo ou ao Monte Aloia, mais a extensión non debería ser factor limitante, de feito a proposta non incluía límites. Abondaría con completar o catálogo de valores faunísticos e botánicos do Pindo, cousa que xa está a facer a cidadanía con estes novos achados, mais a singularidade xeolóxica, xeomorfolóxica e etnográfica fanno por si só merecedor desta categoría. O argumento inicialmente dado pola Xunta para rexeitar a proposta era que o espazo xa está protexido (Rede Natura 2000, LIC Carnota-Monte Pindo). Estas "excusas de mala administradora" dadas por Borregón (Dir. Xeral de Conservación) e Hernández (Conselleiro de Medio Ambiente etc.) para xustificar a non necesidade dunha nova figura de protección, ademáis de ser ben febles son certamente irónicas: as Illas Atlánticas, Corrubedo, ou mesmo Valdoviño, por poñer algúns exemplos, acumulan varias figuras de protección galega, estatal, europea e mesmo mundial, o que non os libra de ameazas e agresións. E se a Xunta confía en que a Rede Natura protéxese soa, sen os instrumentos de xestión e conservación necesarios por lei, sen orzamentos fixos nen posibilidade de participación da sociedade na súa xestión, non só pecará de inxenuidade senón tamén de cinismo. Finalmente, ADEGA fai un chamado á cidadanía e en particular á da Costa da Morte para que, fronte á cerrazón cómplice da Xunta, sigan apoiando a iiniciativa para que Monte Pindo para que sexa declarado Parque Natural. A proposta, polo que ADEGA atinxe, vai perdurar e se non sae agora farao máis adiante. Non acontecerá o mesmo con Borregón e Hernández, dous dos piores xestores que tivo a natureza galega na historia recente. |