Adega
INICIO Áreas temáticas Transxénicos
Transxénicos

maza.jpgAlimentos transxénicos? por que? para que?

Varios son os problemas cos que se enfrenta o mundo nestes momentos e un deles, tal vez o máis acuciante, é o problema da fame: perto de 800 millóns de persoas sofren desnutrición, e da orde de 2000 millóns están subalimentadas. Por outra parte, asistimos a unha mingua constante e acelerada da diversidade biolóxica, garante presente e futuro para a alimentación, a medicina, o vestido,... As diferencias entre pobres e ricos aumentan cada día e os capitais concéntranse en moi poucas mans mentres medra perigosamente o número de pobres. A contaminación acumulada durante anos de actividade industrial afecta a auga, ó solo, ó aire; e pon en perigo a saúde humana. As últimas crises ( polos con dioxinas, “vacas tolas”,...) aumentaron a preocupación pola seguridade alimentaria, mentres continua o éxodo do campo de milleiros de labregos e labregas, forzados polas novas políticas agroalimentarias.

 

Está na tecnoloxía xenética a solución?.

A manipulación xenética de animais e plantas para que teñan determinadas características é unha técnica perigosa en si mesma por canto altera o xenoma de seres vivos, susceptibles de se reproduciren, desenvolvérense e relacionárense con outros; a introducción de xenes novos procedentes de organismos moi afastados filoxeneticamente rompe as barreiras mantidas durante os milleiros de millóns de anos de evolución, que manteron separados os acervos xenéticos das especies.

Calquera nova tecnoloxía suscita esperanzas e medos: de todas se derivaron beneficios e custos. A manipulación xenética dota á especie humana dunha capacidade de intervención nos seres vivos sen precedentes pero, por unha parte, sábese pouco da “ecoloxía dos xenes” e, por outra, os seres vivos están complexamente interconectados entre si e co medio, de xeito que a liberación de organismos xeneticamente modificados pode derivar en perigos potenciais e consecuencias impredecibles e sen solución coñecida. Como poñer freo á dispersión e multiplicación de microorganismos no medio natural? Como evitar recombinacións que dean lugar a formas víricas especialmente patóxenas?etc...

Portanto, de entrada, é imprescindible a precaución, o que implica, cando menos, tempo; e, a respecto da aplicación da biotecnoloxia xenética á agricultura, os ritmos non foron, precisamente, lentos: de 200.000 hectáreas plantadas no ano 95 con plantas modificadas xeneticamente pasouse a máis de 40 millóns no ano 2000. Precaución significa tamén avaliación de riscos, avaliación que non pode estar maioritariamente en mans das multinacionais que venden as sementes, e por tanto, as primeiras interesadas en obteren beneficios económicos no menor prazo posible: precísanse estudios independentes e rigorosos, precísanse investimentos publicos antes da toma de decisións. É tamén significa análise e debate caso por caso: é a sociedade, finalmente, quen ten que decidir se procede ou non autorizar tal ou cal cultivo ou alimento en función das súas peculiaridades ambientais, sociais, económicas,... Pero os alimentos transxénicos chegaron a nós sen que puidésemos elixir, sen etiquetaxe que os identificase como tales: furtouse o dereito á información e á participación. Hoxe están en mans de multinacionais (agroquímicas, farmacéuticas) que, ó seu través, concentran máis poder e máis control sobre as nosas vidas. E este é un risco engadido: non estamos só perante a tecnoloxia xenética, estamos tamén perante a biotecnoloxía das multinacionais, interesadas no seu propio beneficio e alleas ós dereitos individuais e colectivos.De entrada, é imprescindible a precaución, o que implica, cando menos, tempo; e, a respecto da aplicación da biotecnoloxia xenética á agricultura, os ritmos non foron, precisamente, lentos: de 200.000 hectáreas plantadas no ano 95 con plantas modificadas xeneticamente pasouse a máis de 40 millóns no ano 2000. Precaución significa tamén avaliación de riscos, avaliación que non pode estar maioritariamente en mans das multinacionais que venden as sementes, e por tanto, as primeiras interesadas en obteren beneficios económicos no menor prazo posible: precísanse estudios independentes e rigorosos, precísanse investimentos publicos antes da toma de decisións. É tamén significa análise e debate caso por caso: é a sociedade, finalmente, quen ten que decidir se procede ou non autorizar tal ou cal cultivo ou alimento en función das súas peculiaridades ambientais, sociais, económicas,... Pero os alimentos transxénicos chegaron a nós sen que puidésemos elixir, sen etiquetaxe que os identificase como tales: furtouse o dereito á información e á participación. Hoxe están en mans de multinacionais (agroquímicas, farmacéuticas) que, ó seu través, concentran máis poder e máis control sobre as nosas vidas. E este é un risco engadido: non estamos só perante a tecnoloxia xenética, estamos tamén perante a biotecnoloxía das multinacionais, interesadas no seu propio beneficio e alleas ós dereitos individuais e colectivos.

ADEGA defende un modelo de producción agraria respectuoso co medio ambiente e a saúde dos/as consumidores/as e baseado nas explotacións labregas familiares. Unha agricultura que garanta o dereito a producir e consumir alimentos sans e de calidade. Neste modelo non hai lugar para os alimentos transxénicos, que non teñen demostrado a súa seguridade para a saúde das persoas e os animais nin a súa inocuidade para o medio ambiente.

ADEGA desenvolveu dende 1997 numerosas actividades en relación cos alimentos transxénicos: participación en debates, organización de charlas, redacción de artigos, intervencións en medios informativos, escritos ás Consellerías de Medio Ambiente e de Agricultura, edición de materiais informativos,... En 1999, organizamos unhas xornadas informativas en colaboración co Sindicato Labrego Galego (SLG). En 2001, ADEGA participou na celebración do Día Mundial da Loita Labrega editando un tríptico “Que comemos? A quen comemos?” xunto con outras organizacións e distribuíndoo simultaneamente en distintas vilas e cidades. Máis recentemente (marzo de 2008), participamos no Foro Ibérico pola Soberanía Alimentar e sen Transxénicos celebrado en Derio (Biscaia) e partillamos na fundación da Plataforma Galega Anti-transxénicos.

 

Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Accesos
1 Comeza a campaña "Por unha Galiza Libre de Transxénicos" 5026
2 Globalicemos a loita: fóra os transxénicos dos pratos e dos campos! 5855
3 ADEGA participa no I Foro Ibérico contra os transxénicos 6125
4 Nace a Plataforma Galega Anti-transxénicos 3870
5 Ofensiva galega contra os transxénicos 4537
6 Alerta por ensaio de cultivos transxénicos en Galiza 5290
7 Os riscos dos produtos transxénicos 4766
8 Rede por unha latinoamérica libre de OMX 3172
 


ADEGA