Os riscos dos produtos transxénicos |
Dun tempo a esta parte, estiveron entrando no mercado alimentario os productos transxénicos, procedentes de organismos modificados xenéticamente, é dicir, de organismos ós que se lles engadiron xenes de plantas, animais, bacterias ou calqueroutro ser vivo co que nunca poderían cruzarse. Son xenes que aportan ó organismo en cuestión unha característica que antes non tiña. Por exemplo, a resistencia a un herbicida ou ó ataque dun insecto. Os intereses das multinacionais do sector conseguiron o visto bo das autoridades de Estados Unidos para poñer á venda determinados productos transxénicos, e, en base ás leis do libre mercado, os demais países vense presionados para aceptalos. Así, pasou coa hormona recombinante bovina (rBst), unha hormona obtida por modificación xenética e que se da ás vacas para que produzan máis leite; utilizada en Estados Unidos desde 1993, está a día de hoxe prohibida en Canadá, a Unión Europea e outros países, porque, a parte dos danos nas vacas, o consumo do seu leite tamén pode producir danos nas persoas. No ano 96 o Estado español importou 1,5 millóns de tn de soxa transxénica (os seus derivados utilízanse en moitos productos: chocolates, bolería...) e 2 millóns de tn de millo transxénico resistente ó taladro, de xeito que no ano 98 20.000 hectáreas foron cultivadas con este millo. Outros países da Unión Europea foron máis precavidos (moratorias, prohibición de cultivos...), e finalmente, á vista dos novos datos e da crecente presión da opinión pública, a Comisión Europea acordou, o 24 de xuño deste ano, suspender por un tempo a autorización de novos cultivos transxénicos e facer máis estricta a lexislación que os regula. E é que as cousas non están nada claras: non se pode garantir a seguridade dos productos transxénicos. Entón ¿a que veñen tantas presas por poñelos no mercado? ¿Por qué temos que facer de coellos de indias? ¿Son necesarios a día de hoxe os alimentos transxénicos? ¿Son tan necesarios que é necesario arriscarse a consumilos? ¿Quen está demandándoos? ¿Por qué non se etiquetan todos os productos transxénicos? ¿Comerías ti setas, a risco de enveleñarte, tendo outra cousa para elixir?
OS RISCOS DOS PRODUCTOS TRANSXÉNICOS Riscos de carácter socio-económico
Riscos de impactos sobre o medio ambiente En xeral, podería verse afectada negativamente a biodiversidade actual e os procesos ecolóxicos.
Riscos para a saúde
|
Unha alimentación sa é a base dunha boa saúde. Non é indiferente a maneira en que se cultiva (con ou sen agroquímicos) ou en que se cría os animais que logo nos sirven de alimento: o caso das "vacas tolas" ou dos polos con dioxinas son exemplos flagrantes.