![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Nace a Plataforma Galega Anti-transxénicos |
![]() |
![]() |
![]() |
1º- Esiximos información por parte da Administración en todo o relativo ao cultivo e experimentación de transxénicos en Galiza, 2º- Solicitarase unha entrevista con carácter de urxencia cos/cas resposábeis máxim@s das Consellarías de Medio Ambiente e Medio Rural, na que se lles trasladará as demandas da Plataforma Galega Antitransxénicos. 3º- De xeito paralelo, iniciarase unha campaña de información cidadá referida ós riscos derivados do consumo e cultivo de transxénicos. Iniciarase de modo máis intensivo nos concellos onde xa se teñen realizado ensaios con OXM´s. 4º- Inícianse os trámites para a promoción dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) orientada á prohibición da experimentación, cultivo e consumo de productos tranxénicos en Galiza. Nos próximos días desenvolverase o aparello comunicativo da Plataforma Galega Antitransxénicos: Páxina web e elaboración de tres dos documentos base: o manifesto “Galiza ceibe de transxénicos”, un tríptico de carácter técnico-informativo que trasladará as nosas argumentacións á sociedade galega e unha moción dirixida aos concellos para seren declarados zonas ceibes de transxénicos. ORGANIZACIÓNS PRESENTES NA ASEMBLEA DE CRIAZÓN DA PLATAFORMA GALEGA ANTITRANSXÉNICOS: ADEGA, A Esmorga, Alternativas Nómadas, Amigos da Terra, APEGA, Asociación Cultural Meiro, Cooperativa de Consumo Responsable Eirado, Fuga em Rede, Gentalha do Pichel, Rede Consumo Consciente, Saramaganta, Semente, Sindicato Labrego Galego, O Grelo Verde, Verdegaia |