Alerta por ensaio de cultivos transxénicos en Galiza |
4 de febreiro de 2008. ADEGA ven de saber que o Ministerio de Medio Ambiente pretende autorizar un ENSAIO MASIVO con cultivos do millo transxénico en varias zonas do estado, incluindo Galiza. Trátase de avaliar o risco da liberación no ambiente dun híbrido derivado do cruce de dúas liñas de millo modificadas xeneticamente (NK603 x MON810), pertencentes á empresa Monsanto Agricultura España, S.L. ADEGA demanda das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente que non autoricen ensaios con plantas transxénicas no ambiente e solicita do Parlamento que declare a Galiza, tal como aconteceu cos refugallos nucleares, territorio libre de cultivos transxénicos.
Declaración TRANSXÉNICOS (ESP) recentemente subscrita por ADEGA.
Ao parecer, estes ensaios vanse desenvolver nas comunidades de Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha, Castela-León, Extremadura, Navarra e Galiza, concretamente en dúas localidades da Coruña (Val do Dubra e Touro) e unha en Lugo (Castro de Rei). O obxectivo destes ensaios é "colleitar" datos sobre o comportamento agronómico de variedades do millo transxénico NK603 x MON810, para a súa inscrición no Rexistro Español de Variedades Comerciais. Concretamente realizaranse varios tipos de ensaios, tanto de Identificación, para describir as características destes híbridos como de Valor Agronómico, para avaliar o comportamiento dos híbridos en distintas áreas xeográficas.
España é o único estado da Unión Europea que cultiva transxénicos a grande escala. En 2007 foron prantadas unhas 75.000 hectáreas de millo modificado con xenes de bacterias. O millo NK603 contén o xene cp4epsps (da bacteria Agrobacterium sp.) que o fai tolerante ao herbicida glifosato; e a variedade MON810 porta o xene cry1Ab (da bacteria Bacillus thuringiensis), que lle confere resistencia fronte a certos insectos.
Polo que atinxe á presenza destes produtos ou os seus derivados nos alimentos, a lexislación obriga a que se un alimento contén transxénicos, esta información figure na etiqueta. No entanto, tolérase unha contaminación de até un 0,9% en cada ingrediente sen que o consumidor/a teña que ser informado. Na prática, os transxénicos xa están presentes na nosa dieta sen que poidamos evitalo. Impidamos cando menos que se cultiven na nosa terra!
OS RISCOS DOS PRODUTOS TRANSXÉNICOS Riscos de carácter socio-económico
Riscos de impactos sobre o medio ambiente En xeral, pode verse afectada negativamente a biodiversidade actual e os procesos ecolóxicos.
Riscos para a saúde
|