Adega
INICIO Últimas novas Denuncia en Europa contra a política de residuos da Xunta-SOGAMA
Denuncia en Europa contra a política de residuos da Xunta-SOGAMA PDF Imprimir Correo-e
Envia Denuncia en Europa contra a política de residuos da Xunta-SOGAMA a FaceBookEnvia Denuncia en Europa contra a política de residuos da Xunta-SOGAMA a Twitter

cromo224 de maio de 2013. Colectivos ecoloxistas e sociais integrados na Plataforma Galega contra a Incineración e pola reciclaxe, vimos de presentar, apoiados pola parlamentaria Ana Miranda do grupo Verdes-ALE, unha denuncia contra a Xunta diante da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo pola nefasta política de resduos que practica en Galiza, incumprindo sistemáticamente 3 Directivas europeas (de Vertido, de Envases e Marco de residuos). Logo de que o PP rexeitara admitir a trámite a ILP da reciclaxe, pechando a porta a modificar o Plano de Residuos para abandonar a incineración de SOGAMA, e renunciara ao cumprir dos requerimentos da lexislación europea, as organizacións comprometidas coa reciclaxe e promotoras da ILP non temos máis remedio que acudir a Europa para que sancione á Xunta e a obrigue a modificar a súa política de residuos. Nin un euro de cartos públicos para a incineración!! pdfDenuncia RESIDUOS EUROPA; pdfAnexo II EFICIENCIA;  pdfAnexo III CONSUMO GASOIL

cromogrupoEn vista de que a Xunta persiste en defender a incineración e o vertido de SOGAMA como opción prioritaria para o tratamento dos residuos, subvertindo a xerarquía de tratamento e incumprindo nada menos que 3 Directivas (de Vertido, de Envases e Marco de Residuos), as organizacións integradas na Plataforma galega contra a Incineración pedimos, na nosa denuncia á Comisión e ao Parlamento Europeo que aestas institucións:

-Avalíen negativamente o vixente PXRUG 2010-2020 (Plano de Xestión de Residuos Urbanos de Galiza)por non ser conforme a xerarquía de residuos (Artigo 4 da Directiva 2008/98/CE), ao principio do poluidor-pagador (Artigo 14), e á promoción de medidas de prevención e preparación para reutilización e a reciclaxe (Artigos 9 e 11).

-Cualifiquen as instalacións de SOGAMA (pretratamento, elaboración de combustíbel e incineración) como instalacións de eliminación e non de valorización, tendo en conta que a eficiencia enerxética está no rango de 0,25 a 0,32, por tanto moi inferior ao valor mínimo de 0,6 establecido pola Directiva 2008/98/CE (Anexo II, R1).

-Rexeiten a unha nova planta incineradora e a notificación de que no ámbito de Galiza o cumprimento dos obxectivos de xestión da normativa europea requiren incrementar a prevención, a reutilización e a reciclaxe e reducir a incineración e o vertido (Artigos 11 da Directiva 2008/98/CE e Artigo 6 da Directiva 2004/12/CE).

-Rexeiten calquera financiamento de medidas, actuacións ou instalacións relativas á xestión de residuos que non se correspondan estritamente aos obxectivos de prevención e preparación para a reutilización e a reciclaxe.

-Adopten medidas sancionadoras para a Xunta de Galiza polas actuacións en materias de residuos nos últimos anos desde a entrada en vigor das Directiva 94/62/CE, Directiva 1999/31/CE, Directiva 2004/12/CE e  Directiva 2008/98/CE contrarias aos obxectivos establecidos nestas directivas e polo uso de fondos comunitarios para financiar a eliminación de residuos.

-Esixan á Xunta revisar o modelo centralizado de xestión dos residuos en Galiza, habida conta da ineficiencia do programas de recollida selectiva no ámbito SOGAMA, en particular do programa de recollida de residuos de envases, que presenta unha moi baixa eficiencia (7,4% de recuperación en 2011) e un moi elevado custo económico e consumo enerxético (de máis de 132 kg de gasóleo por t de residuos de envase recuperados, só na recollida e transporte). Reclámase a aplicación da análise do ciclo de vida prevista no Artigo 4, punto 2, da Directiva 2008/98/CE.

Non pode ser posíbel que mentres millóns de cidadáns e cidadás europeas acadan nos seus concellos, rexións ou países cifras de reciclado próximas ao 80%, en Galiza apenas cheguemos ao 10% de reciclaxe debido ás políticas do PP e ao seu modelo SOGAMA.

A pregunta é: Se o PP teima en incumprir a lexislación e segue a apostar por modelos, como o sistema SOGAMA, ruinosos para as arcas públicas e perigosos para o ambiente e a saúde, quen se beneficia desta situación?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA