|
A Coruña, 3 de agosto de 2010. A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo, integrada por máis de 30 asociacións ecoloxistas, veciñais, políticas, deportivas e empresariais, decidiu levar o problema de degradación deste espazo ao Parlamento Europeo, ao considerar que a pasividade e a connivencia das autoridades responsábeis (Estado, Xunta e concellos de A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo) está criando unha situación de emerxencia ambiental e poñendo en risco continuado a saúde humana. Aliás este sábado 7 de agosto ás 11:30h concentrarémomos na praza do Toural en Compostela, para protestar pola contaminación da ría e amosar as evidencias do seu pésimo estado. Baixa a Denuncia_UE_RÍA_DO_BURGO (185 Kb)
|
Ler máis...
|
|
A Coruña, 26 de xullo de 2010. Os técnicos de AENA xa comenzaron a "visitar" Culleredo apesar de que o Ministerio de Medio Ambiente aínda non contestou ás 14.000 alegacións apresentadas en maio do 2009. A insistencia de Fomento en realizar esta obra, enviando por diante aos técnicos de AENA a coaccionar á veciñanza, fai que ADEGA sospeite que detrás deste proxecto hai algo máis que localismo, e talvez agoche intereses especulativos. Resulta difícil de atopar xustificación a unha obra baseada en estimacións e necesidades irreais e que o estudo preliminar cualifica de " impacto medioambiental, cultural e social severo".
|
Ler máis...
|
A Coruña, 19 de Xullo de 2010. ADEGA cuestiona a utilidade do recheo de caolín levado a cabo nas praias coruñesas despois de que o mar experimentara fortes subidas durante os pasados días.
Á vista das fortes subidas da auga recentemente sufridas nas praias locais durante a última marea (especialmente o día 14 deste mes) a asociación ecoloxista ADEGA pregúntase a utilidade de dita obra, xa que un dos principais argumentos esgrimidos á hora de propor a súa necesidade era, precisamente, que o aumento de 20 metros no caso dos areais do Orzán e de Riazor protexería a balaustrada do paseo marítimo do oleaxe mariño nos meses do inverno.
|
Ler máis...
|
A Coruña, 30 de maio de 2010. A asociación ecoloxista ADEGA xunto coa Asociación de Veciños Afectados pola Ampliación do Aeroporto de Alvedro denunciaron onte en Culleredo unha nova agresión medioambiental no marco do programa Montañas en Rede 2010. ADEGA e a Plataforma de Afectados do Aeroporto de Alvedro realizaron onte domingo un acto conxunto no próximo monte de San Miguel. Como todos os anos, esta fin de semana levouse a cabo a 5ª edición Montañas en Rede na que diversos colectivos e particulares de todo o estado reclaman aos políticos un compromiso na protección do espacio natural, dos nosos montes e das nosas montañas frente as agresións que sofren a cotío, principalmente a agresión urbanística que deforesta tanto terreo cada ano.
|
Ler máis...
|
A Coruña, 9 de maio de 2010. ADEGA vén de apresentar este pasado sábado a nova equipa directiva da delegación da Coruña, cidade na que precisamente naceu a organización hai 34 anos e que acolle á meirande parte dos seus socios e socias. No acto do Centro Cultural Alexandre Bóveda estiveron presentes a Presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez, o Secretario Xeral, Froilán Pallín e todos os membros da recentemente constituída Directiva local, presidida por Amancio Sotillo. A delegación coruñesa márcase como obxectivos inmediatos reactivar a defensa ecolóxica da comarca, facer visíbeis as problemáticas ambientais neste eido de actuación e achegar a perspectiva e as propostas ecoloxistas aos asuntosde interese para a cidadanía.
|
Ler máis...
|
18 de febreiro de 2010. Coa escusa de "rexenerar" o medio, un proxecto de Costas pretende deitar 300.000 Tm de area de canteira sobre as praias coruñesas de Riazor e Orzán, e outras 10.000 Tm en San Amaro. Detrás desta medida, que artificializará aínda máis o litoral da Coruña, ampliando o ancho das praias en 30 m para aumentar en 5.000 os ocupantes, están unicamente determinados intereses turísticos. Tanto ten que os recurrentes aportes de area desnaturalicen o ecosistema, sexan moi custosos ( 12 millóns de €), e non servan para remediar a degradación das nosas costas. Trátase de imitar o modelo Benidorm/Sanxenxo con praias clónicas nas que a única función é acoller ao maior número de persoas posíbel. Acode á concentración do sábado 20 de febreiro ás 12:30h en María Pita convocada polo colectivo "Defendendo as praias" e apoiada por organizacións cidadás e ecoloxistas.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 7 |