|
A Coruña, 27 de Maio de 2.012. O grupo de voluntariado da Coruña, do Proxecto Ríos, realizou a inspección de primaveira no tramo do río Sisalde, no Concello de Arteixo (A Coruña), que temos sinalado para estas inspeccións. Nuns poucos días teremos toda a información sobre os datos máis salientables da situación na que se atopa este tramo do río.
A vindeira cita, dentro desta campaña de inspección, faremola no outono deste ano. |
|
O pasado sábado día 24 de marzo celebrouse a asamblea comarcal de Adega Corunha. No acto, deuse lectura e aprbouse a acta da asamblea anterior, e presentáronse o informe de xestión e o informe de finanzas.Posteriormente fíxose un repaso das principales problemáticas abordadas ao longo destes dous anos (vídeo: https://vimeo.com/39217001) e marcouse o plano de actuación para este ano. Acordouse seguir na liña de realización de actividades no marco do Proxecto Ríos, en torno á ría do Burgo, a participación na Plataforma pola Mobilidade e outras actividades.
|
Ler máis...
|
O próximo mércores 8 de febreiro a Plataforma pola Mobilidade, da que ADEGA forma parte, vai levar a cabo unha actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade.
O acto consistirá en repartirnos en grupos e xuntarnos en puntos comúns para subir ás distintas liñas de bus para falar coas cidadás e cidadáns que viaxan nel sobre a necesidade dun transporte público para tod@s e repartir este tríptico con información entre os usuarios interesados. Animádevos a participar desde a parada que queirades, estableceranse distintos grupos dependendo da xente coa que contemos polo que a vosa participación é moi importante!
Os grupos iranse actualizando no blog http://plataformapolamobilidade.blogaliza.org/. Ao final, tod@s converxeremos na praza de Pontevedra onde terá lugar un pequeno acto. Ven e participa, entre tod@s faremos cidade! |
O pasado domingo 13 de novembro realizamos a inspección no río Sisalde, en Arteixo, no marco do Proxecto Ríos. Malia que o día comezou cun forte temporal que presaxiaba o peor, cara ás 11 da mañá foi abrindo e unha vez seleccionado o tramo do río puidemos realizar a análise hidromorfolóxica, fisicoquímica e biolóxica, e ademáis disfrutar dunha agradable mañá na que puidemos achegarnos ao río e aprender a coñecelo.
Deixámosvos aquí algunhas fotos da xornada:
https://picasaweb.google.com/104716198071398985108/ProxectoRios?authkey=Gv1sRgCPmv-ZuK45ufmQE
|
5 de decembro de 2011.No local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda presentouse o Manifesto Pola Mobilidade asinado por colectivos de distintos eidos da cidade da Coruña, como o veciñal,ecoloxista ou estudantil. No manifesto apóstase por un novo xeito de entender a mobilidade dando prioridade aos viandantes, bicicletas e transporte colectivo fronte o transporte particular. Tamén se fala da importancia da creación dunha mesa cidadá para a elaboración dun Plano de Mobilidade para toda a comarca.
Todas os grupos asinantes consideramos que o sistema que implantará o concello en sustitución do actual carril bus empeorará o tráfico e o transporte público na cidade, xa que entre outras cousas é unha chamada a cidadanía para que use o coche privado.
|
Ler máis...
|
A Coruña, 23 de outubro de 2011. Este domingo 23 celebrouse a Iª travesía en piragua pola rexeneración da ría do Burgo. A xornada lúdico-reivindicativa comezou con alerta laranxa e fortes rachas de vento, o cal obrigou a cancelar a proba nas categorías popular e infantil pola seguridade dos participantes. Pero os padexeiros absolutos meterónse na ría deleitando ao numeroso púbrico asistente e demostrando a utilidade da ría como sitio de recreo e lugar de encontro. A boa acollida da iniciativa fai pensar nunha 2ª edición o próximo ano.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 7 |