|
Melide, 4 de xuño de 2011. As xornadas “O monte: oportunidade sustentable fronte a crise”, organizadas por ADEGA e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man común (ORGACCMM) dentro da Campaña en defensa do territorio “Ponte no medio. Móvete polo territorio” que hoxe tiveron lugar en Melide, concluíron con grande éxito de público. Centos de persoas achegáronse á vila melidente para escoitar máis dunha ducia de experiencias de comunidades de montes veciñais en man común de Galiza que apostaron pola xestión sostible do monte, é dicir, pola multifuncionalidade, a xestión integral, a creación do emprego, a busca do benestar social e o respecto do medio natural: eixos nos que se fundamenta o futuro do monte en Galiza. Os relatores animaron á sociedade galega a apoiar e defender o monte comunal fronte as reformas legais que favorecen a súa privatización e, mesmo, á súa desaparición.
|
Ler máis...
|
|
22 de marzo, Día da Auga. ADEGA vai iniciar o “Proxecto de creación dunha rede de custodia fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez” nos concellos d'A Estrada, Caldas de Reis, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga, financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño e o AGADER. A custodia fluvial é unha ferramenta que permite velar pola conservación dos valores dos cursos fluviais. Este tipo de actuación fai partícipe á poboación local, sendo esta a protagonista da propia acción, alén de posibilitar a implicación e identificación co proxecto e empoderando ás persoas e entidades participantes.
|
Ler máis...
|
Dentro da programación de actividades, o próximo día 22 de decembro a partires das 17:30 celebraremos o solsticio de inverno.
-Subida ao Cotón dos Fogos para localizar o punto exacto onde se deita o sol na noite máis longa do ano.
-Prendida de fachos, recital poético, música e foguetes para festexar que a luz vence ás tebras.
-Merenda-cea para celebrarmos o ano que comeza. Traede xantares para compartillar. A sidra está asegurada!
|
Ler máis...
|
Toques, 20 de novembro de 2010. Uns vinte voluntarios de ADEGA e do Foro do Camiño Primitivo trasladáronse onte ao Alto Ulla para realizar un acto reivindicativo a prol da conservación e coidado da traza orixinal da Vía histórica ao seu paso polo Concello de Toques, entre os lugares de Vilamor e Vilouriz, onde se atopa un dos enclaves máis simbólicos do camiño a Santiago, Pena Ferrada. Os participantes atopáronse cun panorama desolador: Pena Ferrada está tapiada e a senda primitiva oculta baixo a vexetación.
|
Ler máis...
|
Toques, 16 de novembro de 2010. Voluntari@s de ADEGA e as asociacións do Foro do Camiño Primitivo promoven este sábado día 20 dunha actividade de campo consistente na recuperación e sinalización dun treito da calzada histórica do Camiño de Santiago no Concello de Toques (A Coruña). A xornada completarase coa visita á Aula da Natureza de Souto, un roteiro polo Marco do Careón, através do Camiño Primitivo e un magosto na Eira da Xoana. Podedes baixar a Programación da Xornada (PDF 432 Kb) á que vos convidamos a participar, xunto co cartaz informativo.
|
Ler máis...
|
Este sa?bado 20 de novembro ADEGA e o Foro do Camin?o Primitivo organizan unha XORNADA ETNOGRA?FICA NO ALTO ULLA, dedicada a recuperar un treito do Camin?o Primitivo que foi desviado da su?a traza histo?rica no Concello de Toques e a gozar dunha tarde de lecer que rematara? nun magosto na Eira da Xoana ( ligazón GOOGLE maps), para cumprir co fermoso ritual gastrono?mico de agasalla?rmonos cunha boa castan?ada. Actividades: RECUPERACIO?N dun treito do Camin?o Primitivo en Toques; ROTEIRO pola Vi?a Primitiva no Marco do Careo?n. e MAGOSTO na Eira da Xoana. No interior da nova, pódense ver os CROMOS do magosto.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 4 |