A Eira da Xoana, premio Gómez Román de arquitectura popular |
Con motivo do Día Mundial da Arquitectura (primeiro luns de outubro) a Asociación Setestrelo vén de fallar os premios Gómez Román de arquitectura tradicional. Nesta primeira edición, o equipamento de ADEGA "A Eira da Xoana", sé do proxecto Aldeaverde, acadou o galardón na categoría de construcións tradicionais rehabilitadas e restauradas. O xurado valorou que esta intervención, ubicada na parroquia de Ramil, n'A Golada, conxuga "unha perfecta comprensión das construcións e a contorna vinculante, co resultado de recuperación da autenticidade e o ambiente tradicional, sen deixar de recrear a capacidade de provocar unha actual experiencia identitaria". Paradoxalmente, este recoñecemento coincide coa denegación pola Consellaría de Cultura de senllas axudas á Eira da Xoana para o equipamento e realización de actividades culturais. Será que só hai cartos para o Xacobeo e o Papa? Baixa a proposta premiada Proxecto "Eira da Xoana" (1.75 Mb)
Dende ADEGA queremos agradecer á Asociación Setestrelo a súa distinción, agradecemento que facemos extensivo a todas as persoas e organismos que colaboraron para facer realidade a Eira da Xoana. Agardamos que, malia ao desleixo e a falta de interés da actual Xunta, este equipamento convírtase nun referente para dinamizar a vida cultural no medio rural con propostas respectuosas co noso ambiente e a nosa cultura. |