Adega
INICIO Novas Xornadas micolóxicas na Eira da Xoana
Xornadas micolóxicas na Eira da Xoana PDF Imprimir Correo-e
Envia Xornadas micolóxicas na Eira da Xoana a FaceBookEnvia Xornadas micolóxicas na Eira da Xoana a Twitter
muscariaSábado 30 de outubro. O outono oferécenos múltiples posibilidades. É a estación dos froitos, da recolleita... Acheguémonos ao interesante mundo dos cogumelos, aprendendo a diferencialos, valorando a súa diversidade e, como non, apreciando os seus sabores e as súas múltiples posibilidades culinarias. Na Eira da Xoana, o equipamento de ADEGA en Ramil (Agolada), este sábado a partires das 11h. Consulta ubicación e percorrido através desta ligazón do GOOGLE MAPS

PROGRAMA:

Sábado, 30 de outubro

11.00 h Recibimento dos/as participantes no centro ambiental "A Eira da Xoana".

11.30 h Saída de recolleita ao Monte do Biduedo, onde poderemos apreciar a biodiversidade deste espazo de custodia. Acompañaranos o experto micólogo Alberto Granja.

13.00 h Volta á Eira da Xoana: Clasificación, preparación e degustación dos cogumelos, cociñados de diferentes 3 maneiras. Haberá tamén empada e queixo da zona.

17.00 h Visita ao Castelo de Pambre e a súa contorna.

19.30 h Remate.

NOTAS:
O prezo da actividade (aportación solidaria) son 5 euros; socios/as de ADEGA: 3 euros.
Recoméndase levar cesto e navalla, mais non é imprescindíbel.

Se queredes participar, chamade ao tel. 638475322 (Marcial, ADEGA Alto Ulla) antes do venres 29.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA