|
Este sábado 6 de marzo, voltaremos a Eira da Xoana para realizar un obradoiro de cestería. Neste segundo curso faremos un percorrido virtual pola xeografía galega descubrindo diferentes técnicas para a elaboración de cestos e demáis obxetos artesanais fabricados con todo tipo de materiais, dende castiñeiros, salgueiros, vimbieiros até silveiras. Poñerémonos mans a obra preparando estes materiais para logo posteriormente deseñar e elaborar o noso propio cesto. Descarrega o cartaz Curso CESTERÍA (2.7 MB)
|
Ler máis...
|
|
Domingo, 22 de novembro de 2009. O segundo roteiro do ciclo 2009-2010 organizado por ADEGA Lugo por camiños históricos transcorrerá polo do Alto Ulla, através do camiño real. Comezaremos polo Castelo de Pambre, BIC (ben de interese cultural) do século XIV e capela do S. XII, aínda de propiedade privada, que pretendemos recuperar para o uso público coas “Marchas Irmandinhas”. Precisamente ás 10h e como inicio do roteiro, haberá un acto reivindicativo no Castelo para esixir das administracións a súa recuperación.
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
Páxina 4 de 4 |