Primeiro roteiro de ADEGA-Lugo pola lingua: ao Courel con Novoneyra |
7 de novembro de 2010. O primeiro roteiro do programa 2010-2011 adicado á lingua galega non podía ir a outro lugar máis que a aquel onde naceu o grande poeta, agasallado co Día das Letras 2010, Uxío Novoneyra: a Serra do Courel. O roteiro é de aproximadamente 12 Km e de dificultade media-baixa. Os primeiros 4 Km discorrerémolos costa arriba e logo o camiño suavizarase até o subirmos ao Alto do Muimento. Ao remate da camiñada unirémonos á FESTA DA CASTAÑA de Folgoso do Courel.
Comezaremos a camiñada no vello Souto de Parada polo que subiremos até a casa do poeta Uxío Novoneyra e tamén até a escola na que María Mariño, outra das escritoras máis representantivas desta montaña, daba clase. Camiño da Lomba, baixaremos até a Fontiña do Carabel/ Auga branca/ Nacia ó pé dunha faia/ Teñe que ter bon beber/ Fontiña do Carabel/ Que das xusto o que un pode beber… Logo pasaremos pola aldea máis grande da Serra, Ferreirós de Arriba da que destaca o seu magnífico Souto e o Pico de Penaboa, pendurado baixo o Piapáxaro. Antes de chegar ao remate do percorrido en Folgoso, asomarémonos ao Pico do Coto que desce en vertical 600 metros sobre o río Lor. Colabora con ADEGA Lugo para a preparación e realización deste roteiro SOS Courel. Domingo, 7 de novembro de 2010 Normal.................................................................................... 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro.............................................12 €
Soci@s.................................................................................... 10 €
Até 17 anos............................................................................... 5 €
O autobús sairá de diante da Escola de Maxisterio ás 9 h. Prégase puntualidade.
Imprescindible anotarse previamente chamando ao 679113718 ou ao 982240299.
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.
PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO: 28 Novembro: As verbas e a música das augas caídas (Val de Lóuzara, Samos)
19 Decembro: A Educación ao son da Natureza (Lugo)
23 Xaneiro: Pola terra do Señor das palabras (A Chaira)
20 Febreiro: Camín d’as Eiras (Taramundi)
20 Marzo: “Toda humilde beleza me namora…”(Mondoñedo)
17 Abril: Modelo Burela (Burela)
29 Maio: “Feros corvos do Xallas…” (Costa da Morte)
26 Xuño: “Vendo-os assim tão pertinho…” (Valença-Monçao) |