![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Celulosa por riba de todo: Novas talas de eucalipto afectan a un castro protexido en Foz |
![]() |
![]() |
![]() |
Para esta tala utilizouse maquinaria pesada sobre o xacemento e efectuáronse remocións de terra nun sector do parapeto, accións que puideron afectar o xacemento, protexido pola Lei de Patrimonio. A día de hoxe aínda non se teñen feito labores de repoboación sobre dito xacemento para o que, como é sabido, se utilizaría maquinaria pesada e se efectuarían remocións de terra que provocarían a destrución do xacemento. Por iso, ADEGA e MariñaPatrimonio, alertamos á Administración antes de que sexa demasiado tarde, e instamos ao Servizo de Patrimonio para que actúe con dilixencia e, conforme contempla a Lei de Patrimonio, evite que a repoboación e a utilización de maquinaria pesada cause danos neste ben patrimonial. ADEGA e MariñaPatrimonio lamentamos unha vez máis estas agresións ao noso patrimonio e tamén lamentamos os prexuízos que, a falta dunha política axeitada que garanta a protección e conservación do patrimonio cultural, ocasionan aos propietarios. Pese a que nos dous últimos anos xa temos denunciado varias talas sobre xacementos arqueolóxicos na Mariña de Lugo, seguimos comprobando que este tipo de prácticas non cesan e que a Xunta non está a dispoñer nin as medidas de prevención nin as medidas de control necesarias para que o noso patrimonio estea realmente protexido, tal e como esixe a lei. Fotos: https://picasaweb.google.com/101936272298621785797/CastrosEngrobiasSanMartinoFozLugo
|