Lugo, a 22 de novembro de 2012.- ADEGA Lugo convídate o vindeiro mércores 28 de novembro ás 19.30 horas na Cova da Terra a coñecer que oportunidades de emprego ofrece o tratamento dos residuos a través da compostaxe, fronte á incineración (a queima do lixo) e o vertedoiro. A charla está organizada por ADEGA e a Plataforma galega Anti-incineración que están a promover unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola aplicación efectiva da redución, reutilización e reciclaxe dos residuos. Esta ILP precisa do apoio de todos/as vós para que chegue a debaterse no Parlamento galego. Precísanse como mínimo 15.000 sinaturas para que poida saír adiante. Haberá pregos de sinaturas á túa disposición para que poidas asinar e apoiar a causa. Agardámoste!
|