|
Lugo, 15 de abril de 2010. Este día 14 de abril celebrouse na Escola Politécnica de Lugo a primeira sesión das xornadas sobe “Sociedade e Ambiente na Galiza” que organizan ADEGA e USC en comemoración ao Día da Terra, cunha mesa redonda adicada ao dereito ambiental como ferramenta na defensa da natureza. A esta mesa asistiu como ponente o Fiscal Xeral de Medio Ambiente de Galiza, Álvaro García Ortiz, a profesora de dereito ambiental, Alba Nogueira López, e o avogado de ADEGA, Apolinar Gómez Roca. Todos eles coincidiron en que "a administración non está exercendo axeitadamente a súa función como gardiana do dereito ambiental".
|
Ler máis...
|
|
Lugo, a 14 de abril de 2010. O vindeiro domingo 18 de abril percorremos de novo un treito do Camiño Primitivo, o que transcorre pola montaña da Fonsagrada. Neste roteiro tamén coñeceremos lugares de grande interese ambiental e histórico e alteracións do camiño que deben ser denunciadas. O roteiro descorrerá polo itinerario orixinal (non a través do que pasa pola vila da Fonsagrada) e, baixando a carballeira da Costa, conduciranos até A Póboa de Burón, un dos núcleos medievais destacados no Camiño Primitivo e que acolleu a capitalidade do concello de Burón até 1835, cando trasladouse á Fonsagrada. O roteiro finalizará en Paradavella, tradicional poboado de montaña cun importante valor etnográfico pola presenza, entre outros elementos, de edificacións tradicionais: as pallozas. Se fora posíbel, realizariamos unha visita ao interesante Museo da Fonsagrada.
|
Ler máis...
|
5 de abril de 2010. Hai dous anos, Touriño comprometeuse a informar desfavorábelmente o encoro do Navia cualificándoo de "pesado lastre do franquismo". Agora, o departamento de Espinosa tramita o estudo de impacto ( BOP Lugo, 30 de marzo, páx. 213) nun novo intento de "Hidroeléctrica del Navia" (propiedade de Hidrocantábrico e Endesa) por executar un encoro con concesión dende xuño de 1963. Dende entón, a veciñanza do val do Navia conqueríu parar o proxecto (anos 1967, 74-75, 85 e 93) nos sucesivos intentos por desenvolvelo. Saltos del Navia volve agora á carga aproveitando "ventos administrativos favorábeis" na Xunta e no estado. Non é o único caso: moitos encoros galegos teñen autorizacións franquistas case a perpetuidade e incumpren a Directiva Marco da Auga en canto a caudais ecolóxicos e medidas correctoras. As administracións amósanse escandalosamente cómplices cos privilexios das Fenosas, Iberdrolas e Endesas: aos ríos galegos, aínda non chegou a "transición".
|
Ler máis...
|
Lugo, 13 de abril de 2010. O 22 de abril celébrase mundialmente o Día da Terra, no que se lembra a responsabilidade social e de cada un de nós no coidado e protección do planeta. Por este motivo, ADEGA e a Escola Politécnica Superior de Lugo (EPS) celebramos unha semana de concienciación ecolóxica a favor da Terra Nai, a coas Xornadas “AMBIENTE E SOCIEDADE NA GALIZA", que tratarán de achegar á cidadanía á problemática ambiental galega e global e, nomeadamente, algúns dos instrumentos ou accións para afrontala. Faremos un chamado especial á solidariedade coa Terra e unímonos á campaña da “Minka pola Nai Terra” lanzado polo presidente de Bolivia, Evo Morales, para convocar á cidadanía ao Día da Terra, como acto de rexeitamento aos danos que está a sufrir o Planeta, pola falta de vontade internacional tras o fracaso do Cumio de Copenhague contra o cambio climático. Baixa o Programa_Día_da_Terra_2010
|
Ler máis...
|
Lugo, a 22 de marzo de 2010. O radón é un gas radioactivo de orixe natural que emana do uranio presente nas rochas graníticas e que segundo a OMS, é responsábel de entre o 3% e o 14% das mortes por cancro de pulmón. É por isto, polo que se quer dispor dun mapa de radón cunha medida cada 10x10 km que complete o mapa xa existente e que cubre fundamentalmente as zonas xeográficas cun alto nível de radiación. O estudo permitirá detectar cais son as zonas de alto risco de gas radón en Galiza, xa que somos unha das áreas do Estado máis afectadas por estas radiacións. ADEGA reclama á Xunta que se teña en conta o RADÓN nas Normas de Habitabilidade, tal como como acontecía nas derrogadas Normas do Hábitat precedentes. Preme para máis información e participar na campaña.
|
Ler máis...
|
Con este novo roteiro de ADEGA-Lugo percorreremos outra etapa do CAMIÑO PRIMITIVO que, aínda que marca o inicio da cultura xacobea universal e transcorre por lugares de grande interese histórico e ambiental, é obxecto de importantes alteracións humanas que merecen ser coñecidas e denunciadas. O roteiro ten un percorrido de 12 km e unha dificultade media-baixa. Animádevos a paticipar!
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 Seguinte > Final >>
|
Páxina 21 de 22 |