Roteiro de Paradanova a Paradavella (A Fonsagrada) polo Camiño Primitivo |
Lugo, a 14 de abril de 2010. O vindeiro domingo 18 de abril percorremos de novo un treito do Camiño Primitivo, o que transcorre pola montaña da Fonsagrada. Neste roteiro tamén coñeceremos lugares de grande interese ambiental e histórico e alteracións do camiño que deben ser denunciadas. O roteiro descorrerá polo itinerario orixinal (non a través do que pasa pola vila da Fonsagrada) e, baixando a carballeira da Costa, conduciranos até A Póboa de Burón, un dos núcleos medievais destacados no Camiño Primitivo e que acolleu a capitalidade do concello de Burón até 1835, cando trasladouse á Fonsagrada. O roteiro finalizará en Paradavella, tradicional poboado de montaña cun importante valor etnográfico pola presenza, entre outros elementos, de edificacións tradicionais: as pallozas. Se fora posíbel, realizariamos unha visita ao interesante Museo da Fonsagrada. Son elementos patrimoniais destacábeis nesta vila a capela de San Xosé, a Torre: antiga casa do concello de Burón, a igrexa de Santa María de Madanela e, moi particularmente, os restos da fortaleza do Conde de Altamira, que foi duramente atacada durante as revoltas irmandiñas. Deixando a Póboa de Burón avanzaremos por lugares con diversos vestixios históricos que testemuñan a importancia desta rota de peregrinación, como é o caso de Xestoso de Palfito, onde se localiza o Carballo das Cruces, que acollía no pasado un antigo ritual fúnebre propio da cultura de montaña. Seguindo o ascenso acádase o cumio do Montouto (1050 m), lugar que contou cun antigo hospital de peregrinos fundado no século XIV por Pedro o Cruel, e que mantivo unha certa actividade ata principios do século XX. Preto deste hospital consérvase un dolmen coñecido popularmente como “pedras dereitas”.
O roteiro ten unha lonxitude aproximada de 17 km, e a súa dificultade pode considerarse media. Non se descartan pequenas modificacións do trazado descrito, que agardamos saibades desculpar. PREZOS Normal.......... 15 € Estudantes, xubilad@s e no paro....12 € Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo € Até 17 anos..... 5 € O punto de encontro será diante da Escola de Maxisterio ás 9 da mañá. Prégase puntualidade e o aviso previo no caso de non poder asistir. Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 (Mari Luz), ao 982240299 (ADEGA-Lugo) Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s! |