|
A Mariña, abril de 2012. Ante a reanudación das obras en Barreiros por parte de "CONSTRUCIONES Y PROMOCIONES J. DÍAZ FERNÁNDEZ", ADEGA vén de persoarse de novo ante o Ministerio Fiscal para presentar a documentación que proba a usurpación de terreos de titularidade pública por parte do promotor e a ilegalidade da licenza por non contar con autorización de Augas de Galicia para a ocupación do dominio público hidráulico e da zona de policía, o que invalida calquera licenza municipal. Ademais subliñamos que as solicitudes do promotor para tal autorización son do ano pasado cando o recoñecemento da licenza é de decembro de 2009. A maiores esta licenza de obra está expresamente afectada polo Decreto 15/2007, polo que se suspendían as Normas Subsidiarias do Concello de Barreiros.
|
Ler máis...
|
|
A Mariña, 16 de outubro de 2011.-ADEGA denuncia ante o Ministerio Fiscal á arquitecta municipal e ao alcalde de Barreiros por presunta prevaricación e falsidade documental, ao recoñcer un silencio administrativo positivo a unha solicitude de licenza absolutamente contraria á legalidade vixente. Trátase da licenza outorgada a Promociones J. Díaz Fernández S.L. na zona de San Bartolo. A edificación concédese en solo urbano non consolidado, afectado polo decreto da Xunta que suspende a vixencia das normas subsidiarias do concello, en zona de dominio público e de policía dun rego, parcialmente nun terreo municipal e co informe desfavorable da secretaria do municipio. Esta licenza convértese así no paradigma da arbitrariedade coa que o concello de Barreiros segue outorgando licenzas de obra.
|
Ler máis...
|
A Mariña, 15 de outubro do 2011.- ADEGA solicita ante o concello de Barreiros e ante a Consellaría de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas a revisión por nulidade de pleno dereito da licenza urbanística recoñecida a Construcciones y Promociones J. Díaz Fernández na zona de San Bartolo. ADEGA tamén fai traslado desta petición ao Ministerio Fiscal para que se investigue se os feitos constitúen algún delicto de prevaricación, corrupción, falsidade documental ou contra a Facenda Pública.
|
Ler máis...
|
A Mariña, 13 de outubro de 2011. O Servizo de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura da Xunta recoñece, através de varias comunicacións remitidas a ADEGA e Mariñapatrimonio, os danos provocados por particulares en tres xacementos da Mariña: Castelo de Celeiro (Viveiro), Castro da Vela e xacemento de Pereiraboa (Xove); pero non se pronuncia sobre os perxuízos exercidos polo concello de Xove sobre o Castro de Sumoas. Ninguén pode ter bula para desfacer o noso patrimonio!
|
Ler máis...
|
A Mariña, outubro de 2011. O Servizo de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia vén de comunicar a MariñaPatrimonio e a ADEGA o inventariado de dúas mámoas na Mariña de Lugo que até o momento non estaban amparadas legalmente e que hai uns meses foron agredidas con maquinaria pesada utilizada en dúas repoboacións forestais con eucaliptos. Como noutras moitas ocasións, a administración chega tarde para protexer o noso patrimonio.
|
Ler máis...
|
A Mariña, 26 de setembro de 2011. ADEGA e MariñaPatrimonio, asociacións volcadas dende 2006 na defensa do xacemento do castro da Atalaia (San Cibrao- Cervo) afectado pola insaciábel especulación urbanística coa connivencia das administracións públicas, felicítanse de ter conseguido que, por fin, tras as súas denuncias, a D. X. do Patrimonio Cultural adopte medidas para protexer as vulnerábeis estruturas do castro, que levaba máis de un ano á intemperie e sufrindo diversas agresións.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 4 |