Adega
INICIO Novas
Novas de ADEGA-A Mariña


ADEGA levará o caso Barreiros ante a Fiscalía Anticorrupción PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA levará o caso Barreiros ante a Fiscalía Anticorrupción a FaceBookEnvia ADEGA levará o caso Barreiros ante a Fiscalía Anticorrupción a Twitter

barreiros_obraCompostela, 12 de setembro do 2011. ADEGA prepara novas accións fronte os actos de prevaricación e de fraude de lei do Concello de Barreiros e da Xunta. Tras a retirada por parte do goberno de Feixóo dos recursos sen resolver interpostos polo bipartito contra as licenzas ilegais outorgadas polo concello de Barreiros no ano 2006, ADEGA decide levar o caso ante a Fiscalía Anticorrupción e solicitar ao Concello de Barreiros a revisión de oficio das licenzas de edificación ilegalmente outorgadas, tras o cal non descarta recorrer á vía contenciosa.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian ao Conselleiro de Cultura ante a Fiscalía polo Castro de Atalaia PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian ao Conselleiro de Cultura ante a Fiscalía polo Castro de Atalaia a FaceBookEnvia ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian ao Conselleiro de Cultura ante a Fiscalía polo Castro de Atalaia a Twitter

froilan_e_miranda_2Lugo, 15 de xuño de 2011. Ambas organizacións presentamos esta hoxe diante da Fiscalía unha denuncia contra o Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, por non cumprir coa lexislación de protección patrimonial e non velar pola conservación do xacemento arqueolóxico Castro da Atalaia, sito en San Cibrao, no Concello de Cervo. Tras un ano desde que a Dirección Xeral de Patrimonio resolvese ditar o tapado provisorio do xacemento escavado ante o seu posible deterioro, e a pesar das reiteradas chamadas de atención feitas por MariñaPatrimonio e ADEGA ante a Consellaría, a día de hoxe aínda non se cumpriu dita resolución e o ben arqueolóxico está a sufrir danos irreparables.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Eucaliptos e maquinaria pesada nos castros da Mariña Lucense PDF Imprimir Correo-e
Envia Eucaliptos e maquinaria pesada nos castros da Mariña Lucense a FaceBookEnvia Eucaliptos e maquinaria pesada nos castros da Mariña Lucense a Twitter

castro_celeiro1A Marña, 2 de xuño de 2011. Logo de ter denunciado hai poucos días o recheo ilegal do Castro de Sumoas en Xove, ADEGA e MariñaPatrimonio recorren de novo ao Servizo galego de Patrimonio da Xunta e ao SEPRONA  para dar conta dos danos que unha tala e posterior plantación de eucaliptos con maquinaria pesada produciron nos xacementos arqueolóxicos do Castro do Castelo de Celeiro (Viveiro), do Castro do Coto da Vela e dun castro próximo a Pereiraboa, ambos os dous últimos situados no concello de Xove.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian agresións ao Castro de Sumoas, en Xove PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian agresións ao Castro de Sumoas, en Xove a FaceBookEnvia ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian agresións ao Castro de Sumoas, en Xove a Twitter

sumoasA Mariña, 30 de maio de 2011. ADEGA e MariñaPatrimonio denunciamos diante do SEPRONA e o Servizo de Patrimonio da Xunta de Galiza a agresión que está a sufrir o castro inventariado de Sumoas no concello de Xove (Lugo). O xacemento de Sumoas quedou sepultado baixo unha morea de toneladas de terra que foron alí depositadas por varios camións de procedencia descoñecida. Esta acción constitúe un recheo ilegal e unha grave agresión ao Patrimonio arqueolóxico de Galiza, polo que pedimos a inmediata paralización destes depósitos de entullo e que se concreten as responsabilidades penais, civís e administratrivas que esta agresión conleva, así como a retirada do material que conforma o recheo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Urbanismo na costa: MÁIS TALENTO E MENOS CEMENTO ! PDF Imprimir Correo-e
Envia Urbanismo na costa: MÁIS TALENTO E MENOS CEMENTO ! a FaceBookEnvia Urbanismo na costa: MÁIS TALENTO E MENOS CEMENTO ! a Twitter

cementoO colectivo "MAIS TALENTO E MENOS CEMENTO!" está a levar unha campaña por un urbanismo responsábel e denunciando as consecuencias da especulación salvaxe na costa, nomeadamente no concello de Barreiros. Este vindeiro sábado 18 de setembro convidámosche a unha xornada festiva coa "I festa de exaltación do cemento" en San Miguel de Reinante (Barreiros), e na que intervirán diversos grupos e artistas. Haberá pasarúas, música ao vivo e poroxectarase en exclusiva mundial o documental "Imaxina Barreiros". ADEGA apoia esta campaña e convídavos a colaborar na denuncia das falcatruadas sobre o territorio: se legalizan as barbaridades urbanísticas de Barreiros, entón xa valerá todo!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta, cómplice da especulación urbanística en Barreiros PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta, cómplice da especulación urbanística en Barreiros a FaceBookEnvia A Xunta, cómplice da especulación urbanística en Barreiros a Twitter
barreiros3.jpgLugo, 26 de marzo de 2010. A conivencia da Xunta co afán especulador do Concello de Barreiros para agasallar con 14 millóns de € aos proxectos ilegais, através dun convenio coa Deputación de Lugo, supón unha falla de respecto pola lei e un escandaloso atentado contra a xustiza social. Con que dereito vai a Xunta a esixir o cumprimento da lexislación urbanística se logo recompensa aos infractores? ADEGA apoia as xestións da Fiscalía a insta tamén a Anti-Corrupción a investigar a concesión de licenzas e o proceder da alcaldía neste caso. Animamos á cidadanía a demandar dos poderes públicos e axentes sociais un Pacto Social polo Territorio para acadar un desenvolvemento territorial coherente, sustentábel e cohesionador.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 4

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA