O recente roteiro en defensa do Pico Vello e contra a apertura dunha explotación a ceo aberto de andalucita ás portas do Parque Natural das Fragas do Eume celebrouse con rotundo éxito. Ducias de persoas démonos cita nunha paraxe de alto valor natural, no curso alto do Belelle, para reivindicar a conservación desta contorna, o alongamento da protección ambiental para un futuro corredor ecolóxico entre os LICs do Eume e Xubia-Castro e a retirada do proxecto da mina. Máis info e fotos en http://picovello.blogspot.com/
|
Ler máis...
|
|
A Capela (Coruña). “A Fraga de Pico Vello: Un espazo a potexer” 13 de maio, ás 19 horas na Casa da Cultura do Concello de A Capela. Relatores:
-XAVIER AMIGO. Especialista en Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.
-PEDRO GALÁN. Especialista en Anfibios e réptiles da Universidade da Coruña.
-ROBERTO HERMIDA. Especialista en morcegos de Drosera.
Organizan: ADEGA, A. M. Augas Limpas, Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Comité para a Defensa das Rías Altas, Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G. N. Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Néboa Medioambiente, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia Programa_Mesa_Redonda_A_Capela.2010.doc |
Xubia (Ferrolterra). 8.5.2010. Nova agresión aos nosos ríos. Troitas mortas por contaminación industrial no río Xubia. Técnicos da Consellería de Medio Ambiente da Xunta localizaron a orixe dunha vertedura industrial ao río Xuvia tra-la denuncia río feita po-la Sociedade de C e Pesca de Xubia por atoparse gran cantidade de troitas mortas no. A contaminación ao parecer partía das balsas de decantación da empresa Intasa, no municipio de San Sadurniño. |
Ferrol 5.5.2010. O "Estudo informativo de accesos ferroviarios ás obras de ampliación do porto de Ferrol (Porto Exterior) en Cabo Prioriño Chico” (BOE 7.4.2010) suporá unha nova agresión á xa moi danada ría de Ferrol. As alegacións de ADEGA na delegación de Ferrol baséanse en:
-Alto impacto pola construción dunha nova ponte e novos recheos sobre a xa maltreita ría de Ferrol.
-Construción xunto ao LIC Costa Artabra e á ZEPA e o Humidal de Doniños.
-Habería alternativas de menor impacto medioambiental.
-Afectación de especies vulnerables
-A reevaluar a necesidade do tren pois o porto interior xa ten instalación ferroviaria e o mal chamado "Porto exterior", está a escasa distancia do "interior" e permitiría transporte de mercadurías de uns peiraos a outros con sistema de "ferrys".
Adega-Ferrol fixo alegacións xerais en conxunto con outras 20 entidades locáis facendo especial énfase en non poñer unha nove ponte e recheo sobre a ría de Ferrol, e ademáis fixo de forma complementarias alegacións a título individual con outros aspectos medioambientáis. Alegacións_ADEGA tren_porto exterior |
Roteiro reivindicativo ao Pico Vello (As Pontes), xunto as Fragas do Eume, ameazado por proxecto de mina de andalucita. As entidades ADEGA A. M. Augas Limpas, Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Comité para a Defensa das Rías Altas, Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G. N. Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Néboa Medioambiente, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia organizan, o día 15 de maio, un roteiro pola zona de Pico Vello en Goente (As Pontes).
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 Seguinte > Final >>
|
Páxina 33 de 35 |