Adega
INICIO Delegacións Ferrolterra

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Trasancos
Solicitude "levantamento" porto carboeiro do interior da Ria de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Envia Solicitude "levantamento" porto carboeiro do interior da Ria de Ferrol a FaceBookEnvia Solicitude "levantamento" porto carboeiro do interior da Ria de Ferrol a Twitter

entrada_da_ra_de_ferrolFerrol 1.5.2010. ADEGA solicita o levantamento do porto carboeiro do interior da ría de Ferrol. Con data 27.4.2010, ADEGA na súa delegación de Ferrolterra remitiu sendos escritos ao Ministerio de Fomento, Medio Ambiente Rural e Mariño e Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao solicitando o levantamento do porto carboeiro do interior da ría Ferrol. Bases da solicitude:

A) Na actualidade, e tras a construción do denominado “porto exterior”, a descarga de carbón estase a realizar nas dársenas do porto exterior de Ferrol

B) Que o obxectivo polo que se creou o porto carboeiro deixa de existir unha vez trasladadas as operacións de descarga do carbón ás dársenas do porto exterior. ´

C) ADEGA  solicita diante dos Ministerios de Fomento, Medio Ambiente Rural e Mariño e Autoridade Portuaria de Ferrol con data 27.4.2010 que se realicen as xestións pertinentes para que unha vez cumprida a súa función, o porto carboeiro do porto interior de Ferrol,  sexa levantado e intentar que a ría de Ferrol volte na zona da Malata, a unha situación similar a antes da construción da devandita estrutura devolvendo este espazo ao dominio público.Solicitude_levantamento_Porto_carboeiro.Ferrol.ADEGA_Ferrol._pax.web.pdf  112.31 Kb

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Lagoa da Frouxeira: dende carreiras de quads a rozas de hábitats prioritarios PDF Imprimir Correo-e
Envia Lagoa da Frouxeira: dende carreiras de quads a rozas de hábitats prioritarios a FaceBookEnvia Lagoa da Frouxeira: dende carreiras de quads a rozas de hábitats prioritarios a Twitter

desbrocefroux28 de abril de 2010. Dende que ADEGA denunciara as actuacións de sangrado e baleirado da lagoa da Frouxeira, o estado de conservación deste humidal protexido foi de mal en peor. A maior parte do espazo atópase nun estado ecolóxico lamentábel tras case 5 meses sen auga e sen que a D. X. de Conservación da Natureza, malia  a recoñecer as afeccións, tomara ningunha medida de recuperación. A lagoa fica convertida nun ermo polo que pululan sen control cans, cabalos e quads e, por se fora pouco, a administración vén de perpetrar unha roza de hábitats proiritarios e especies protexidas, cuxa conservación debería garantir. Se os espazos protexidos están así, calquera POL será papel mollado!

Consulta o Informe_XUNTA-FROUXEIRA (446 Kb) e o Informe_ADEGA-FROUXEIRA (260 Kb)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Nova concentración cidadá repulsa entrada "ilegal" gaseiro á ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Envia Nova concentración cidadá repulsa entrada "ilegal" gaseiro á ría de Ferrol a FaceBookEnvia Nova concentración cidadá repulsa entrada "ilegal" gaseiro á ría de Ferrol a Twitter

bloqueo2Ferrol 19.4.2010. Nova concentración de repulsa pola entrada ilegal de gaseiros na ría de Ferrol hacia a pranta de regasificación de Mugardos. Convocados polo Comité Cidadán Emerxencias da Ria de Ferrol e apoiada por diversos colectivos, entre outros por ADEGA. De novo, outra entrada do gaseiro, neste caso o "LNG Madrid Spirit", As 19 hs na praza Amada García. Información adicional: www.comitecidadan.org.

E ademáis coincidiu un incendio na zona (Forestal del Atlántico) coa presenza do buque metaneiro...; feitos que foron denunciados.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
ADEGA e outras 13 entidades levan á Fiscalía as irregularidades na tramitación da mina de andalucita PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e outras 13 entidades levan á Fiscalía as irregularidades na tramitación da mina de andalucita a FaceBookEnvia ADEGA e outras 13 entidades levan á Fiscalía as irregularidades na tramitación da mina de andalucita a Twitter

19 de abril de 2010. As entidades ADEGA A.M.A.L. (Agrupaçon de Montanha Augas Limpas), Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra XXI, DROSERA, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G.N.Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia presentan unha denuncia diante da Fiscalía de Medio Ambiente por atopar irregularidades no proceso de tramitación da solicitude de concesións mineiras na mina de andalucita no concello d'As Pontes, ás portas das Fragas do Eume.

Baixa o escrito da Denuncia_MINA_de ANDALUCITA 160KB

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Mercadiño do troco. Ferrol. 19.4.2010 PDF Imprimir Correo-e
Envia Mercadiño do troco. Ferrol. 19.4.2010 a FaceBookEnvia Mercadiño do troco. Ferrol. 19.4.2010 a Twitter

mercadinhotrocoferrolFerrol 19.4.2010 de 10,30 a 13,30. Feira de Ferrol, na   Praza Vella de Ferrol . Novo mercadiño de troco Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos nas mesas habilitadas para troco ou cesión.  Colaboran diversos colectivos (Unións Libertarias, Verdegaia, ADEGA, SGHN, Cooperativa Xoaninha,Asociacions Vecinais,Masa Critica etc,etc) e particulais. Información adicional:   http://trocaferrol.org/ ou Nés López 649779774

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 Seguinte > Final >>

Páxina 34 de 35

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA