Adega
INICIO Novas Comezan as visitas aos fogares compostadores de Compostela
Comezan as visitas aos fogares compostadores de Compostela PDF Imprimir Correo-e
Envia Comezan as visitas aos fogares compostadores de Compostela a FaceBookEnvia Comezan as visitas aos fogares compostadores de Compostela a Twitter
Estreando a segunda quincena do mes de abril as educadoras de Adega visitarán os fogares de Compostela inscritos no programa de Compostaxe Caseira 2010. O obxetivo da visita é resolver as primeiras dúbidas dos participantes e acompañalos no proceso. Dende que se repartiron os composteiros, fai dúas semanas , os veciños de Compostela tiveron a oportunidade de experimentar coa compostaxe.
De seguro que moitos deles non tiveron ningunha dificultade xa que non é unha práctica nova. No rural vénse facendo de cotío dun xeito similar, mediante a acumulación dos restos orgánicos na pilla, pila ou esterquiera. Nembargantes era pouca a costume de botar restos da cociña na esterqueira (cáscaras de ovos, osos, mondas de patacas…) pois o certo é que estes tiñan por destino os animais das cortes.
Dun xeito ou doutro trátase do aproveitamento dun residuo vivo. Materia orgánica que se recicla no propio fogar. Un non aporte de Tn de lixo no contedor verde da nosa cidade. E referímonos agora a lixo pois neso convírtense cando chegan a Sogama, (destino final dos residuos de Santiago de Compostela) xa que non practica compostaxe en planta como sí se fai en sistemas máis descentralizados e de menor dimensión. Un modelo de xestión polo que sempre apostou Adega. Onde a porcentaxe de revalorización é maior e os descartes a vertedoiro minimízanse.
A compostaxe doméstica é a mellor opción para o tratamento dos restos da cociña, horta e xardín. Non só reciclas a materia orgánica in situ evitando desprazamentos e emisións de gases contaminantes senón que se melloran os solos de Galicia, tan faltos de materia orgánica aínda que poidera parecer o contrario.
Santiago de Compostela, onde mesmo en calquer recuncho da zona histórica podemos atopar unha horta, aposta pola compostaxe doméstica. Con este son xa cincoos programas desenvueltos dende o 2003. Instalando un total de 556 composteiros, que co axeitado seguemento porta a porta tense asegurado o éxito do proceso.
Se estan interesados en participar nesta quinta edición do programa de compostaxe caseira poden solicitar o composteiro no rexisto do concello e anotarse en ADEGA.
teléfono: 981 57 00 99
correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA