19 de xuño, de 11:30 a 20h no paseo da Alameda de Compostela. A concellaría de Medio Ambiente do Concello de Santiago organiza a terceira Feira do Sol no Paseo Central da Alameda. Esta actividade está enmarcada no programa Vive o Verán (folleto 3Mb) que organiza conxuntamente a concellaría de Cultura e os Centros Socioculturais. A Feira ten o sol como motivo principal e a educación e a sustentabilidade como obxectivo. Haberá unha manchea de actividades lúdicas e demostrativas das propiedades do sol na vida cotiá e doutras alternativas ecolóxicas.
Obradoiros * Cociñando co sol: Preparación de alimentos ecolóxicos en cociñas e fornos solares; Degustación de pementos, pizzas, paella vexetal, polo asado... * Construción dun forno solar con materiais de refugallo: A cargo de Juan Bello, profesor do IES Someso * Construción e experimentación de enredos solares: Foguetes, muíños, barcos, scaléxtric. * Sensibilidade vexetal: A cargo de Eirado, cooperativa galega de consumo responsábel, e Andaime * Obradoiro para Fogares Verdes: ADEGA amosará como elaborar produtos de hixiene e coidado da piel con ingredientes naturais e como construir un vermicomposteiro. Exposicións * Cociñas solares * Fornos solares * Enxeños solares * Biblio-sol: biblioteca de consulta * Enerxías renovábeis Presentacións * Experiencias de reciclaxe e de enerxías renovábeis * 18.30 h. Contacontos participativos, a cargo dos Gazafelhos * 19.00 h. Lanzamento de mercados entre lusco e fusco: Mercado de produtos ecolóxicos e de tempada, organizado por Eirado, Andaime, Hortiña da Ponte e Lentura E ademais * Bicicleando: Exposición e experimentación con distintas bicis * Son-solar: Amenización da feira * Obradoiro de chapas
|