19 de xuño, de 11:30 a 20h no paseo da Alameda de Compostela. A concellaría de Medio Ambiente do Concello de Santiago organiza a terceira Feira do Sol no Paseo Central da Alameda. Esta actividade está enmarcada no programa Vive o Verán (folleto 3Mb) que organiza conxuntamente a concellaría de Cultura e os Centros Socioculturais. A Feira ten o sol como motivo principal e a educación e a sustentabilidade como obxectivo. Haberá unha manchea de actividades lúdicas e demostrativas das propiedades do sol na vida cotiá e doutras alternativas ecolóxicas.
|
Ler máis...
|
|
Estreando a segunda quincena do mes de abril as educadoras de Adega visitarán os fogares de Compostela inscritos no programa de Compostaxe Caseira 2010. O obxetivo da visita é resolver as primeiras dúbidas dos participantes e acompañalos no proceso. Dende que se repartiron os composteiros, fai dúas semanas , os veciños de Compostela tiveron a oportunidade de experimentar coa compostaxe.
|
Ler máis...
|
Este luns 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Este ano o lema é "AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAUDÁBEL", en referenza á calidade dos recursos hídricos e a súa relación co benestar da poboación e os ecosistemas. Neste senso, en Galiza temos un grave déficit en canto ás medidas de prevención e tratamento da contaminación das augas. Moitas cidades, vilas e industrias verten aos ríos augas con escasa ou nula depuración, e o número de cursos fluviais contaminados aumenta cada ano (ver o Informe RÍOS GALEGOS 2009 (5.46 MB).
|
Ler máis...
|
Inauguración 11 de febreiro ás 20h na sala de exposicións da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (Vía Edison nº 1, Compostela). Logo do seu paso por varias vilas e cidades galegas, este martes 11 volta a Compostela a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo. A exposición pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats e reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. FICHA TÉCNICA (60 KB)
|
Ler máis...
|
Compostela, 9 de febreiro de 2010. Os armarios dos nosos fogares convírtense nun auténtico laboratorio e escaparate de produtos químicos para rematar fácil e drastricamente coa suciedade e as “malignas” bacterias das casas. Case a totalidade dos limpadores conteñen susbtancias tóxicas que poderian evitarse ou substituirse por outras elaboradas na casa con produtos naturais ou menos perigosos. Tamén existen no mercado unha gama ecolóxica de limpadores, insecticidas, repelentes… que empregan substancias biodegradábeis e minimamente perxudiciais para a saúde das persoas e do ambiente. No curso de formación de febreiro adicaremos a tarde do xoves 11 a elaborar e recopilar receitas de limpadores ecolóxicos. II Curso formación tóxicos (186 KB)
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 2 |