Adega
INICIO Novas O concello de Compostela cobra indebidamente o lixo a 506 fogares que fan Compostaxe Caseira
O concello de Compostela cobra indebidamente o lixo a 506 fogares que fan Compostaxe Caseira PDF Imprimir Correo-e
Envia O concello de Compostela cobra indebidamente o lixo a 506 fogares que fan Compostaxe Caseira a FaceBookEnvia O concello de Compostela cobra indebidamente o lixo a 506 fogares que fan Compostaxe Caseira a Twitter

compostpresCompostela, 17 de outubro de 2012. Na súa resposta a unha pregunta escrita do BNG, o concello de Compostela informou que aos veciños e veciñas que teñen un composteiro no seu fogar, e portanto reciclan eles mesmos máis do 50% dos residuos que producen, non se lles está aplicando a redución do 50% no seu recibo do lixo... por falla de persoal! Dende ADEGA queremos expresar a nosa solidariedade coa veciñanza de Compostela comprometida coa reciclaxe e o coidado do ambiente, que por riba de contribuir co seu esforzo á reducir a indecente factura que Compostela paga a SOGAMA por queimar e soterrar residuos reciclábeis, está a ser vítima dun verdadeiro atraco pola incompetencia e o desleixo dos responsábeis municipais. pdfResposta Concello COMPOSTEIROS

EntregaCompostO programa de Compostaxe Caseira comezou en Santiago vai para 10 anos e dende aquela e por un acordo plenario, aos 506 fogares que teñen instalado un composteiro (e portanto reciclan o 50% dos residuos que producen) se lles estaba aplicando unha bonificación do 50% no seu recibo do lixo. Alén dos beneficios da compostaxe para o medio ambiente, ao reintegrar á terra en forma de compost os residuos orgánicos que doutro xeito acabarían queimados ou soterrados en SOGAMA, os/as participantes neste programa ven aliviados os seus gastos correntes e ademais aforran ao concello de Compostela 36.179€ ao ano.
Agora ADEGA vén de coñecer que por riba das dificultades burocráticas que teñen os veciños e veciñas de Santiago con composteiro na casa para facer efectiva a redución da súa factura (teñen que anovar anualmente a solicitude de redución e logo o Concello debe comunicarllo á concesionaria -Aquagest-, que é quen factura), nestes intres a bonificación á que teñen dereito non se está a aplicar porque, segundo o concelleiro delegado de lixo e limpeza, Sr. Juan de la Fuente "a comprobación de uso dos composteiros para aplicar despois a reducción na taxa é realizada por un so funcionario o que fai que sexa insuficiente para realizar estas comprobacións". E mentres, Compostela aforra máis de 36.000€ ao ano aproveitándose do esforzo de 506 fogares, que como compensación reciben outro "sablazo" na súa economía pola incompetencia dos actuais responsábeis municipais.
Para alén dun sainete burocrático máis propio dun filme dos irmáns Marx que dun concello serio, estes feitos revelan o escaso compromiso dos actuais responsábeis municipais de Compostela coa correcta xestión dos residuos, o aforro de cartos públicos e o respecto pola veciñanza. Sería un bo exemplo que un concello, ademáis de propoñer medidas coercitivas ou recadatorias, ou excusarse na crise para recurtar servizos públicos, tivera en conta á cidadanía e promovera tamén iniciativas en positivo que como a compostaxe caseira ou a compostaxe comunitaria, benefician ao conxunto da sociedade.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA