Adega
INICIO Delegacións Alto Ulla
Alto Ulla
Homenaxe aos ríos galegos na Eira da Xoana PDF Imprimir Correo-e
Envia Homenaxe aos ríos galegos na Eira da Xoana a FaceBookEnvia Homenaxe aos ríos galegos na Eira da Xoana a Twitter
DMA_Eira_da_XoanaADEGA celebrou o Día Mundial da Auga cun acto de homenaxe a todos os ríos de Galiza que tivo lugar no centro medioambiental A Eira da Xoana, situado no treito alto do río Ulla, na parroquia de Ramil (Agolada). Alí congregáronse centos de persoas  procedentes de todo o país que, a nivel individual ou colectivo, participaron do movemento ecoloxista ou cultural a prol da defensa e protección dos nosos ríos. O acto de homenaxe tamén serviu para clausurar a celebración da  VI Copa Galega de Kaiak extremo no río Ulla.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O futuro dos montes galegos pasa pola súa xestión sustentable, integral, activa e participativa PDF Imprimir Correo-e
Envia O futuro dos montes galegos pasa pola súa xestión sustentable, integral, activa e participativa a FaceBookEnvia O futuro dos montes galegos pasa pola súa xestión sustentable, integral, activa e participativa a Twitter

xornadaspublicoMelide, 4 de xuño de 2011. As xornadas “O monte: oportunidade sustentable fronte a crise”, organizadas por ADEGA e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man común (ORGACCMM) dentro da Campaña en defensa do territorio “Ponte no medio. Móvete polo territorio” que hoxe tiveron lugar en Melide, concluíron con grande éxito de público. Centos de persoas achegáronse á vila melidente para escoitar máis dunha ducia de experiencias de comunidades de montes veciñais en man común de Galiza que apostaron pola xestión sostible do monte, é dicir, pola multifuncionalidade, a xestión integral, a creación do emprego, a busca do benestar social e o respecto do medio natural: eixos nos que se fundamenta o futuro do monte en Galiza. Os relatores animaron á sociedade galega a apoiar e defender  o monte comunal fronte as reformas legais que favorecen a súa privatización e, mesmo, á súa desaparición.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA inicia a custodia fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA inicia a custodia fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez a FaceBookEnvia ADEGA inicia a custodia fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez a Twitter
22 de marzo, Día da Auga. ADEGA vai iniciar o “Proxecto de creación dunha rede de custodia fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez” nos concellos d'A Estrada, Caldas de Reis, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga, financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño e o AGADER. A custodia fluvial é unha ferramenta que permite velar pola conservación dos valores dos cursos fluviais. Este tipo de actuación fai partícipe á poboación local, sendo esta a protagonista da propia acción, alén de posibilitar a implicación e identificación co proxecto e empoderando ás persoas e entidades participantes.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Celebra con nós o solsticio de inverno na Eira da Xoana PDF Imprimir Correo-e
Envia Celebra con nós o solsticio de inverno na Eira da Xoana a FaceBookEnvia Celebra con nós o solsticio de inverno na Eira da Xoana a Twitter
Solsticio_de_InvernoDentro da programación de actividades, o próximo día 22 de decembro a partires das 17:30 celebraremos o solsticio de inverno.
PROGRAMACIÓN. Mércores 22 de decembro, Ramil (Agolada)
-Subida ao Cotón dos Fogos para localizar o punto exacto onde se deita o sol na noite máis longa do ano.
-Prendida de fachos, recital poético, música e foguetes para festexar que a luz vence ás tebras.
-Merenda-cea para celebrarmos o ano que comeza. Traede xantares para compartillar. A sidra está asegurada!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Camiño Primitivo en Pena Ferrada, tapiado e oculto baixo a vexetación PDF Imprimir Correo-e
Envia O Camiño Primitivo en Pena Ferrada, tapiado e oculto baixo a vexetación a FaceBookEnvia O Camiño Primitivo en Pena Ferrada, tapiado e oculto baixo a vexetación a Twitter

traballos_camioToques, 20 de novembro de 2010. Uns vinte voluntarios de ADEGA e do Foro do Camiño Primitivo trasladáronse onte ao Alto Ulla para realizar un acto reivindicativo a prol da conservación e coidado da traza orixinal da Vía histórica ao seu paso polo Concello de Toques, entre os lugares de Vilamor e Vilouriz, onde se atopa un dos enclaves máis simbólicos do camiño a Santiago, Pena Ferrada. Os participantes atopáronse cun panorama desolador: Pena Ferrada está tapiada e a senda primitiva oculta baixo a vexetación.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 4

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA